Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 10 de xullo de 2003 Páx. 9.222

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 1 de xullo de 2003 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Medio Ambiente.

De conformidade co disposto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da referida lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a eles os funcionarios que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinala no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente (rúa San Lázaro s/n, Santiago de Compostela), nas súas delegacións provinciais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán xuntarlle á súa petición un curriculun vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira que se sinala no punto anterior non serán tidos en conta.

Quinto.-No caso de que resulte seleccionado/a para ocupa-los postos de traballo que se relacionan no anexo I desta orde un funcionario/a con destino noutra Administración, requirirase o informe favorable do departamento onde preste servicio, considerándose favorable de non emitirse no prazo de quince días segundo o disposto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario oficial de Galicia e poderá, de considerarse oportuno, declararse deserta.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma localidade do novo, ou dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o día seguinte ó da publicación da resolución.

Oitavo.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2003.

José Manuel Barreiro Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO I

Código: MA.C03.00.001.15770.007.

Denominación do posto de traballo: xefe/a Servicio Xestión de Montes.

Centro directivo: Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: especial.

Grupo: A/B.

Nivel: 28.

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego R.I.).

Tipo de adscrición: A11(adscrición indistinta a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, Administración do Estado, Administración de comunidades autónomas).

Específico: 11.082,96 A.

Código: MA.C04.00.000.15770.003.

Denominación do posto de traballo: secretario/a director xeral.

Centro directivo: Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral.

Grupo: C/D.

Nivel: 18.

Formación específica: 001(coñecemento mecanografía) 641 (para persoal doutra Administración, curso de iniciación de galego R.I.).

Tipo de adscrición: A11(adscrición indistinta a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia,

Administración do Estado, Administración de comunidades autónomas).

Específico: 3.546,48 A.

Código: MA.C05.00.001.15770.006.

Denominación do posto de traballo: xefe/a Servicio de Protección Ambiental.

Centro directivo: Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral/ especial.

Grupo: A/B.

Nivel: 28.

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego R.I.).

Tipo de adscrición: A11(adscrición indistinta a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, Administración do Estado, Administración de comunidades autónomas).

Específico: 11.082,96 A.

Código: MA.C06.00.001.15770.001.

Denominación do posto de traballo: subdirector/a xeral de Planificación e Promoción do Desenvolvemento.

Centro directivo: Dirección Xeral do Centro de Desenvolvemento Sostible.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral/ especial/ docente.

Grupo: A.

Nivel: 30.

Formación específica: 523 (diploma de directivo), 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego R.I.).

Tipo de adscrición: A17 (adscrición indistinta a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, Administración do Estado, Administración de comunidades autónomas e persoal docente con destino na Comunidade Autónoma de Galicia).

Específico: 15.073,08 A.

Código: MA.C06.00.001.15770.004.

Denominación do posto de traballo: xefe/a Servicio Integración Ambiental.

Centro directivo: Dirección Xeral do Centro de Desenvolvemento Sostible.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral/ especial.

Grupo: A/B.

Nivel: 28.

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego R.I.).

Tipo de adscrición: A11(adscrición indistinta a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, Administración do Estado, Administración de comunidades autónomas).

Específico: 11.082,96 A.

ANEXO II

NOTA: úsese o publicado nas páxinas 9.221 e 9.222.