Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 10 de xullo de 2003 Páx. 9.220

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de sistemas e tecnoloxías da información convocado pola Orde do 20 de decembro de 2002, pola que se publican as notas do primeiro exercicio e se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 4 de xullo de 2003, o tribunal designado pola Orde do 21 de marzo de 2003 para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia (grupo A) escala de sistemas e tecnoloxías da información, acordou:

Publica-las notas do primeiro exercicio e que o segundo exercicio da fase de oposición se realizará o día 15 de xullo de 2003, na aula 6 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela (A Coruña), en chamamento único que se iniciará ás dezanove (19.00) horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ó xuízo do tribunal.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2003.

Álvaro Manuel Rodríguez Carballo

Presidente do tribunal

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO