Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 09 de xullo de 2003 Páx. 9.180

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ANUNCIO do 18 de xuño de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, polo que se notifica a resolución dictada no expediente de responsabilidade patrimonial R.P. 109/2001-PO instado por Juan Manuel Rodríguez Amil.

O conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos dictou, con data do 28 de marzo de 2003, resolución no expediente de responsabilidade patrimonial R.P. 109/2001-PO instado por Juan Manuel Rodríguez Amil, na que se desestima a reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración formulada por este, en solicitude de compensación económica por danos e perdas ocasionados por incendio, na que solicita ser indemnizado na contía de douscentos dezasete mil trescentos setenta euros con setenta e catro céntimos (217.370,74 A), correspondentes ós gastos sufragados pola reparación do garaxe incendiado, blindaxe de portas e fiestras,

reparación de dous coches e compra dun novo e danos ocasionados por secuelas de carácter psíquico.

Tentada a notificación da citada resolución a través do servicio de correos por dúas veces ó domicilio indicado polo interesado para efectos de notificacións, esta no se puido practicar, e foi devolta polo servicio de correos.

En virtude das razóns expostas, esta secretaría xeral, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, en concordancia co artigo 61 do mesmo corpo legal, en virtude do presente anuncio, notifícalle a Juan Manuel Rodríguez Amil a resolución do conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, con data do 28 de marzo de 2003, pola que se desestima a reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración formulada polo interesado.

O reclamante poderá recolle-la resolución mediante comparecencia nas dependencias do Servicio Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, sitas no edificio administrativo San Caetano, s/n - Bloque 5 segunda planta, en Santiago de Compostela, no prazo de quince días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñe-lo interesado, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa comparecencia para recolle-la resolución ou, en todo caso, ó do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza, ou directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados do mesmo xeito, á escolla do/a demandante, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme os artigos 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2003.

Miguel Ángel López Sieiro

Secretario xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos