Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 09 de xullo de 2003 Páx. 9.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/325-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T.S., C.T. r/ Sanjurjo Badía, 6.

Situación: concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. soterrada a 15 kV con conductor tipo R.H.V. de 346 m de lonxitude, con orixe na L.M.T.S. TRO719, entre os CC.TT. Sanjurjo Badía, 86 e contedores Renfe e remate no mesmo punto, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta de 250 kVA, R.T. 15 kV-380/220 V situado na rúa Sanjurjo Badía 6, no concello de Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 26 de maio de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra