Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 09 de xullo de 2003 Páx. 9.166

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2003 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, da asistencia técnica de clave: LU/00/074.01.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas.

Edificios Administrativos de San Caetano.

Santiago de Compostela-A Coruña (España).

Teléfono nº: 981 54 50 45, telefax nº: 981 54 47 91.

2. Categoría do servicio e descrición, número CPC, cantidade, opcións:

CPV:74231121, CPC: 86721.

Asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e construcción incluído cartografía da obra: Plan Galicia: Autovía Ferrol-Vilalba. Tramo: Cabreiros-Autovía do Cantábrico en Vilalba, de clave: LU/00/074.01.

Orzamento de licitación: 487.791,95 euros.

3. a) Lugar de execución: Comunidade Autónoma de Galicia.

4. a), b)

c) Posibilidade de que as persoas xurídicas teñan que indica-los nomes e a cualificación profesional do persoal responsable da execución do servicio.

É a sinalada na folla de valoración do prego de prescricións técnicas particulares.

5. División por lotes: non.

6. Variantes: observarase o especificado no cadro de características do prego de prescricións técnicas particulares.

7. Prazo de execución do contrato: 12 meses.

8. a) Solicitude da documentación: o indicado no número 1.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratación/

E en Copy Nino, rúa Xeneral Pardiñas nº 2, teléfono: 981 58 89 38.

b) Data da solicitude: 25 de agosto de 2003.

9. a) Data límite da recepción das ofertas: 25 de agosto de 2003.

b) Enderezo: o indicado no número 1 e segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Idioma: galego, castelán ou nos idiomas da Comunidade Económica Europea, acompañado de traducción oficial.

10. a) Persoas admitidas á apertura das plicas: acto público.

b) Data, hora e lugar: a apertura económica farase ás 11.00 horas do día 4 de setembro de 2003, na sala de xuntas da Dirección Xeral de Obras Públicas, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Fianza e garantías esixidas.

Fianza provisional: dous por cento (2%) do importe da contrata (9.755,84 euros).

Fianza definitiva: catro por cento (4%) do importe da adxudicación.

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación vixente.

12. Modalidades básicas de financiamento e do pagamento e/ou referencias as disposicións pertinentes.

O pagamento efectuarase segundo o establecido no número 7 do prego de cláusulas técnicas particulares.

13. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación dos prestadores de servicios adxudicataria do contrato.

Poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas segundo o artígo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

14. Condicións mínimas: as que figuran no prego de cláusulas técnicas particulares.

Solicitaranse os medios de acreditación da personalidade xurídica e capacidade previstos no artigo 15 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia económica ou financeira e a solvencia técnica ou profesional acreditarase segundo o especificado no cadro de características do prego de prescricións técnicas particulares, de conformidade co disposto nos artigos 16 e 19 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

15. Prazo durante o cal o licitador estará obligado a mante-la súa oferta.

3 meses conforme o artigo 89 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

16. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

17. Información complementaria.

Modalidade de adxudicación elixida: concurso aberto.

Trátase dun anuncio obrigatorio: non.

18. Data de envío do anuncio: 2 de xullo de 2003.

19. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 2 de xullo de 2003.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2003.

P.D. (Orde 6-3-2003, DOG nº 50, do 12 de marzo)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda