Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 08 de xullo de 2003 Páx. 9.132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

O Pleno do Concello, en sesión do 27 de marzo de 2003, aprobou definitivamente o estudio de detalle da unidade de xestión número 13 (UX-13)-Calzada do Sar, promovido por Inmobiliaria Pepe Noya e Hijos, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 92.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, publicouse no BOP nº 110, do 15 de maio de 2003, o texto íntegro da normativa urbanística do estudio de detalle definitivamente aprobado.

Contra o acordo de aprobación definitiva do citado estudio de detalle poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2003.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde