Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 08 de xullo de 2003 Páx. 9.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Nigrán, expte. nº 2003043C.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: pavimentación e alargamento do Camiño do Souto.

Prazo de execución (meses): 3.

3. Tramitación: ordinaria; procedemento: aberto; forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 84.919,63 euros.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información no Concello de Nigrán, praza Constitución 1, 36350 Nigrán (Pontevedra). Tfno. 986 36 50 00; fax 986 38 39 31, ata o remate do prazo de presentación de propostas.

7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría C.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 26 días naturais seguintes á última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de condicións.

c) Lugar de presentación: no Rexistro do Concello de Nigrán, ou mediante outros sistemas admitidos pola lexislación vixente, na forma prevista no prego de condicións.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): de acordo co prego de condicións.

9. Apertura das proposicións económicas: no Concello de Nigrán ás trece horas do cuarto día hábil

seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se coincidise en sábado, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Nigrán, 2 de xuño de 2003.

José Manuel Rial Cadaval

Alcalde