Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 08 de xullo de 2003 Páx. 9.129

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2003, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras, pola que se anuncia o concurso público, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a subministración sucesiva de implantes ortoprotésicos de cadeira e xeonllo (C.P. 22/2003).

A Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo sexto da orde da Consellería de Sanidade do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), unha vez rema

tados os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-la seguinte contratación:

1. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de implantes ortoprotésicos de cadeira e xeonllo para o Servicio de Traumatoloxía.

b) División por lotes: 10 lotes que poden ser obxecto de licitación e adxudicación separada.

Lote nº 1. Prótese parcial de cadeira: 661,10 A.

Lote nº 2. Prótese parcial bipolar de cadeira: 10.307,36 A.

Lote nº 3. Prótese parcial de cadeira bipolar/cefálica: 15.898,62 A.

Lote nº 4. Prótese total de cadeira tipo I: 33.620,66 A.

Lote nº 5. Prótese total de cadeira tipo II: 21.571,73 A.

Lote nº 6. Prótese total de cadeira tipo III: 46.911,15 A.

Lote nº 7. Prótese total de cadeira modular: 9.689,28 A.

Lote nº 8. Prótese total de cadeira disco comprensiva: 7.467,42 A.

Lote nº 9. Prótese total de xeonllo modular: 43.633,80 A.

Lote nº 10. Prótese total de xeonllo plataforma móbil: 13.794,15 A.

c) Variantes: non se admiten.

2. Orzamento máximo de licitación: 203.555,27 A (IVE incluído).

3. Garantía provisional: consignarase unha garantía provisional do 2% do orzamento de licitación, por importe de catro mil setenta e un euros con once céntimos (4.071,11 A). No suposto de non participar en tódolos lotes, o importe da garantía para constituír por cada un deles é a que se reflicte no prego de cláusulas administrativas particulares. Así mesmo, deberase de constituír unha garantía definitiva do 4% do orzamento de adxudicación. As ditas garantías constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño (BOE nº 148, do 21 de xuño), polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

4. Prazo de execución: 1 ano contado desde a súa formalización.

5. Prazo de entrega: o material obxecto deste concurso deberá ser entregado mediante entregas periódicas segundo as necesidades comunicadas polo departamento de loxística do centro.

6. Documentación e información: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poderán ser solicitados no departamento de Contratación do Hospital Comarcal Valdeorras, avda. Conde Fenosa nº 50, 32300 O Barco de Valdeorras-Ourense; teléfono: 988 33 90 61, fax: 988 32 50 56.

7. Solvencia económica, financeira e técnica: acreditaranse por calquera dos medios, alomenos un en cada caso, sinalados nos artigos 16 e 18 da citada norma.

8. Criterios de adxudicación:

a) Calidade técnica: ata 70 puntos.

b) Prezo: ata 20 puntos.

c) Oferta de melloras: ata 10 puntos.

9. Presentación de ofertas:

a) Documentación que hai que presentar: a referida nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

b) Lugar de presentación: rexistro xeral do Hospital Comarcal Valdeorras. Avda. Conde de Fenosa, nº 50, 32300 O Barco de Valdeorras-Ourense.

c) Data límite de recepción de ofertas: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

10. Apertura das ofertas: será realizada pola mesa de contratación reunida, en acto público, na sala de xuntas do Hospital Comarcal Valdeorras, avda. Conde de Fenosa nº 50, 32300 O Barco de Valdeorras-Ourense, ás 11.00 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o día referido coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

11. Gastos de publicidade: os anuncios serán por conta do/s adxudicatario/s do contrato.

12. Consulta dos pregos: http://www.sergas.es

O Barco de Valdeorras, 11 de xuño de 2003.

Dionisio López Bellido

Director xerente do Hospital Comarcal Valdeorras