Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 08 de xullo de 2003 Páx. 9.128

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

ANUNCIO do 9 de xuño de 2003 polo que se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia no expediente 15-C-1/03.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe do Servicio do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o Servicio Provincial do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na praza Luis Seoane, s/n (edificio administrativo Monelos, 2º andar, ala norte) da Coruña, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 9 de xuño de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 15-C-1/03.

Interesado: Muebles Grueiro Gómez, S.L.

NIF/CIF: B-15402068.

Acto notificado: incoación.