Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 08 de xullo de 2003 Páx. 9.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público y procedemento aberto, para a subministración de equipamentos e sistemas diversos para o Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia.

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: subministración de equipamentos e sistemas diversos para o Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia.

2.2. Prazo de execución: lote 1: 60 días, lote 2: 55 días, lote 3: 45 días, lote 4: 40 días, lote 5: 35 días, lote 6: 40 días, lote 7: 35 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: trescentos cincuenta e tres mil setecentos trece (353.713 A).

5. Fianza provisional:

2% do orzamento de licitación (exclusivamente para o lote nº 2).

Lote nº 2: 1.424 A.

6. Fianza definitiva:

4% do orzamento de licitación para cada un dos lotes adxudicados.

7. Variantes:

Non se admitirán variantes.

8. Documentación e información:

8.1. Documentación.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán ó dispor dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na Sub

dirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2755

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web, e estean interesados en concursar a esta licitación deberán enviar ó enderezo de correo electrónico rosa.blanco.tubio*xunta.es os datos que a continuación se relacionan:

-No epígrafe Asunto: obxecto do prego.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

8.2. Información:

Teléfono: 981 54 17 49.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

9.1. Data límite da presentación: ás 14.00 horas do décimoquinto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

10. Apertura da documentación xeral (sobres A):

a) Entidade: Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o oitavo día natural contado desde o seguinte ó do final de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 13.00 horas.

11. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral, se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12.00 horas.

12. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2003.

Justo de Benito Basanta

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente