Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 08 de xullo de 2003 Páx. 9.103

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/338-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Silleda, S.L.

Domicilio social: Parque, 15, 36000 Silleda.

Título: L.M.T., C.T. Covaliña-San Bartolomeu.

Situación: concello de Forcarei.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con conductor LA-30 de 784 m de lonxitude, desde a L.M.T. Acibeiro Pereira ata o C.T. que se proxecta de 50 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V, en Covaliña, parroquia de San Bartolomeu, no concello de Forcarei.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 27 de maio de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra