Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 07 de xullo de 2003 Páx. 9.051

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMPAÑÍA DE RADIO-TELEVISIÓN DE GALICIA

ANUNCIO.

A Compañía de Radio-Televisión de Galicia fai solicitude pública de ofertas para o seguinte expediente de contratación:

Obxecto: subministración dun conmutador e integración coa instalación da rede local da CRTVG (Exp. 30590C).

Prazo de presentación de ofertas: o prazo para a presentación das ofertas de contratación será de quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pregos de condicións: poderán ser examinados e recollidos polos interesados, en datas e horas de oficina (das 8.00 ás 14.00 horas), no Servicio de Compras da Compañía de Radio-Televisión de Galicia e as súas sociedades (teléfono: 981 54 08 55) sito no Centro Emisor de San Marcos, Santiago de

Compostela, ou solicitados no enderezo de correo electrónico: sercom*crtvg.es

(Os gastos que orixine a publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario).

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2003.

Manuel Vázquez Vietes

Director xerente económico-administrativo