Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 07 de xullo de 2003 Páx. 9.042

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 28 de maio de 2003, da Área Provincial de Lugo, pola que se notifica a Andrés Taboada Gómez a resolución acordada no expediente de desafiuzamento administrativo 2/2003.

De conformidade co disposto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento adminis

trativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido da interesada (rúa O Pedregal, 11-2º I de Viveiro) notifícaselle a Andrés Taboada Gómez a Resolución do 28 de maio de 2003, do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda de promoción pública que lle fose adxudicada, identificada co expediente LU-80/050, conta 128, por non paga-las cotas mensuais da vivenda.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada diante do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte á publicación da presente cédula, conforme o establecido nos artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De conformidade co disposto no artigo 58.2 da mesma lei, transcríbese o texto íntegro da dita resolución:

Visto o expediente de desafiuzamento administrativo seguido contra Andrés Taboada Gómez, con DNI nº 34909705-Y, beneficiario da vivenda obxecto da presente resolución, situada na rúa O Pedregal, 11-2º I de San Juan de Covas-Viveiro (Lugo) correspondente ó:

Expediente: LU-80/050, conta 128, por incumprimento do contrato en canto á falta de pagamento das cotas, con infracción do réxime que regula as vivendas de protección oficial de promoción pública.

Tendo en conta os seguintes:

Feitos.

1. Que segundo os datos que figuran na base de datos de facturación das vivendas de promoción pública compróbase a falta de pagamento dos recibos pendentes por un importe total que ascende a 13.267,40 euros, a data 12 de febreiro de 2003.

2. Que requirido por carta certificada con xustificante de recepción, que se atopa incorporada ó expediente, para que no prazo de dez días efectuase o pagamento das cantidades adebedadas a esa data, notificado mediante publicación no Diario Oficial de Galicia nº 80 de data do 25 de abril de 2003, o dito requirimento non foi atendido no prazo outorgado para o efecto.

3. O 28 de maio de 2003, a débeda ascende a 13.548,86 euros, por non pagamento dos seguintes recibos: de 7/1987 a 5/2003.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para a resolución do presente expediente o delegado provincial do IGVS de Lugo, de acordo co disposto no Decreto 70/1997, artigo 17 g), de estructura orgánica deste organismo, modificado por Decreto 258/1999, do 17 de setembro.

2. Os feitos denunciados constitúen causa legal suficiente de resolución de contrato, desafiuzamento e lanzamento da vivenda.

3. Na tramitación do expediente observáronse as normas vixentes contidas nos artigos 138 a 144 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, artigos 58, 59 e 96.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, artigo 91.2º da Lei orgánica do poder xudicial, e artigo 8.5º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vistos.

Os preceptos legais invocados e demais normas de aplicación xeral,

RESOLVO:

1. Acorda-la resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda, que será levada a cabo polo funcionario do IGVS que se designe, con credencial para o efecto subscrita e asinada polo director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo e coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da administración, incorporada ó expediente e co auxilio das forzas de Seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Advírteselle ó interesado que, de conformidade co establecido no Regulamento de VPO, poderá evita-lo lanzamento aboando o total da débeda coa recarga do 10% no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a notificación ou publicación, e achegando xustificante de atoparse ó corrente coa comunidade de propietarios.

2. A resolución en firme do contrato levará consigo a prohibición para contratar coa Administración nos termos previstos no artigo 20 c) do Real decreto lexislativo 2/2000 do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Notifíquese a presente resolución ós interesados con expresión dos recursos legais que procedan.

Lugo, 28 de maio de 2003.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Adxudicatario: Andrés Taboada Gómez.

Expediente: LU-80/050.

Conta: 128.

Enderezo: rúa O Pedregal, 11-2º I de Viveiro (Lugo).

Débeda: 13.548,86 euros.