Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 07 de xullo de 2003 Páx. 9.033

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 4274/2003 (procedemento ordinario) interposto ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Con data do 26 de maio o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia solicita a remisión do expediente administrativo correspondente ó recurso contencioso-administrativo número 4274/2003 (procedemento ordinario) interposto pola Comunidade de Montes Veciñais de Cacharrequille contra o silencio administrativo da Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual polo que se omite a obriga de contestar ó dereito de petición exercitado con base na Lei orgánica 4/2001, do 12 de novembro.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou a remisión do citado expediente e empraza a tódalas persoas interesadas no procedemento para que poidan comparecer nos autos ante a sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do devandito tribunal no prazo dos nove días seguintes á publicación da presente resolución.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2003.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo