Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 07 de xullo de 2003 Páx. 9.032

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/197-2, 5983 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade Viveiro, 4, 27000 Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. a Motel Esperante.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas:

-L.M.T.A. a 20 kV, cunha lonxitude de 199 m, conductor tipo LA-56, con orixe en apoio da L.M.T. a C.T. Calde de final en apoio nº 3 da liña proxectada a C.T.C. de Motel Esperante.

-L.M.T.A. a 20 kV, con unha lonxitude de 92 m, conductor tipo LA-56, con orixe en apoio nº 4 da liña proxectada a C.T.C. de Motel Esperante e final en apoio nº 5 da mesma liña.

-L.M.T.S. a 20 kV, cunha lonxitude de 220 m, conductor tipo R.H.Z., con orixe en apoio nº 3 da L.M.T.A. a C.T.C. de Motel Esperante e final no apoio nº 4 da mesma liña.

-C.T. de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

-L.B.T.S. cunha lonxitude de 5 m e conductor tipo R.V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características

se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 27 de maio de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo