Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 07 de xullo de 2003 Páx. 9.010

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se lles adxudican destinos ós médicos forenses aprobados nas probas selectivas convocadas por Resolución do 6 de setembro de 2001.

Visto o expediente instruído para a provisión de destinos polos médicos forenses aprobados nas probas selectivas convocadas por Resolución do 6 de setembro de 2001, e de conformidade co Real decreto 296/1996, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de médicos forenses e Real decreto 1619/1997, do 24 de outubro, que modifica o anterior.

Esta dirección xeral

RESOLVEU:

Primeiro.-Nomear para os destinos que se indican ós médicos forenses que no anexo se relacionan.

Segundo.-O prazo para tomar posesión do destino obtido será de vinte días, contados a partir da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, para o caso de que a mesma non se faga simultáneamente co Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó de súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido no artigo 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, ou recurso potestativo de reposición ante este órgano no prazo dun mes, contado desde o día seguinte a súa publicación no BOE, según o establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2003.

Juan José Martín Álvarez

Director xeral de Xustiza

ANEXO

Nº de orde:1.

Apelidos e nome: Sampayo Moure, José Antonio.

DNI: 34254372.

Destino adxudicatario: 1ª Instancia e Instrucción nº 1 e 2 Viveiro (Lugo).

Nº de orde: 2.

Apelidos e nome: Brea Pastor, Mª Elena.

DNI: 15966134.

Destino adxudicatario: 1ª Instancia e Instrucción nº 1, 4 e 6 Ferrol (A Coruña).