Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 04 de xullo de 2003 Páx. 8.996

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL DA BARBANZA

ANUNCIO.

O director da Fundación Pública Hospital da Barbanza para dar cumprimento ós artigos 9 e 10 da Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, abre o proceso de recepción de ofertas para a contratación da seguinte subministración:

Contratación da subministración sucesiva do material de diálese da Fundación Pública Hospital da Barbanza (ref. CSU 003/03).

Lote I: dializadores de bencilcelulosa, 73.350 euros.

Lote II: dializadores de poliamida, 24.795 euros.

Lote III: dializadores de polisulfona, 15.500 euros.

Lote IV: dializadores helixona, 54.984 euros.

Lote V: agullas-cánulas, 6.970 euros.

Lote VI: arrendamento de equipos, 35.412 euros.

Apertura de proposicións: ás 10 horas do día 24 de xullo de 2003 na sala de xuntas da Fundación Pública Hospital da Barbanza.

A documentación completa das condicións técnicas, económicas e contractuais pódese recoller na Fundación Pública Hospital da Barbanza, Servicio de Administración, lugar de Salmón-Oleiros, s/n, 15993 Ribeira (A Coruña) de 9 a 14 horas, e consultar na páxina: www.sergas.es.

Poderán presentarse ofertas ata a as 14 horas do día 21 de xullo de 2003.

Ribeira, 27 de xuño de 2003.

Salustiano González Vinagre

Director da Fundación Pública Hospital da Barbanza