Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 04 de xullo de 2003 Páx. 8.992

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual do cuarteirón número 45 do PECC (expediente 6706/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do 28 de abril de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro.-Aprobar definitivamente o expediente de modificación puntual do Plan especial e catálogo complementario de edificios, conxuntos e elementos que hai que conservar de Vigo, no cuarteirón 45, polo que se alteran as características do paso ó aproveitamento público interior e se establecen novas aliñacións, conforme a memoria e documentación elaborada polo arquitecto José Antonio Comesaña García e visado polo colexio profesional o 5 de xaneiro de 2001 e 22 de xuño de 2001.

Segundo.-Proceder á publicación da modificación puntual aprobada no DOG e BOP nos termos do artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia e á remisión dunha copia auténtica do expediente administrativo completo e de dous exemplares do instrumento aprobado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia conforme o disposto no punto 3 do citado artigo.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio».

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se

ignore o lugar de notificación ou, intentada esta, non se puidese practicar.

Vigo, 12 de maio de 2003.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo