Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 04 de xullo de 2003 Páx. 8.991

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEE

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente, por medio de resolución núm. 27/2003, do alcalde-presidente, ó Plan de sectorización do parque empresarial de Lobelos, en cumprimento do indicado no artigo 86, letra a) da Lei 9/2002, sométese a exposición pública o devandito plan de sectorización, durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG.

O expediente poderá examinarse na Secretaría do Concello de Cee, en horas hábiles de oficina.

Cee, 4 de xuño de 2003.

José Antonio Domínguez García

Alcalde-presidente en funcións