Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 04 de xullo de 2003 Páx. 8.985

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se recoñecen e se modifican o domicilio social e a categoría dalgunhas das escolas de navegación de lecer.

De acordo co establecido no artigo 15, 17 e 18 da Orde do 31 de xullo de 1998 desta consellería (DOG nº 164, do 25 de agosto), polo que se regulamenta a normativa para o recoñecemento das escolas de navegación de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Recoñecer como escolas de navegación de lecer na categoría que se relaciona os seguintes centros:

Escola de Navegación de Lecer (Enal).

-Porto Meloxo, S.L. co CIF B-15694292, con enderezo social nos Tilos 6A ptl. 2, 3º H de Teo (A Coruña), e coa mesma denominación comercial, inscrita co nº XGEN021.

Escola Básica de Navegación de Lecer (Enal Básica).

-Real Club Náutico de Sangenjo, co CIF G-36027621, con enderezo social na rúa Augusto González Besada, 11, de Sanxenxo (Pontevedra), e coa mesma denominación comercial, inscrita co nº XGEN022.

Segundo.-Inscribi-las citadas escolas no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro.

Terceiro.-Cambiar de categoría a seguinte escola.

-XGEN018. Mª del Mar González Gómez coa denominación comercial «SECUR+» á categoría de Escola de Navegación de Lecer (Enal).

Cuarto.-Autoriza-lo cambio da sede social da Escola Homologada XGEN0015, Dunasport, para San Diego, 16, Ferrol (A Coruña).

Quinto.-Autoriza-lo cambio de titular a seguinte escola, XGEN013 da que é titular Santiago J. Moreno Gómez-Acebo y otros, S.C. con denominación comercial (Altavela), a favor de Altavela, S.C. co CIF G-15737059 e coa denominación comercial (Altavela). Tamén se autoriza o cambio de categoría pasando a incluírse na de Escola Básica de Navegación de Lecer (Enal Básica).

Sexto.-Modificar e actualiza-los datos das citadas escolas no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2003.

Rosa Mª Quintana Carballo

Directora xeral de Innovación e Desenvolvemento

Pesqueiro