Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 04 de xullo de 2003 Páx. 8.973

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 23 de maio de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/159).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. Xeneral Sanjurjo, 220.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 15 kV, dunha lonxitude 249 metros, coa orixe en L.M.T.S. EIR 719 urbanización Casablanca, entre o C.T. Boa Vista e o C.T. Vales Vilamarín, entrada e saída en C.T. no prefabricado Xeneral Sanjurjo (proxectado) e final de novo na L.M.T.S. EIR 719, conductor R.H.V.-12/20 kV-3x240 mm Al.

Centro de transformación non prefabricado Xeneral Sanjurjo, cunha potencia de 250 kVA e relación de tensións 15/0,380-0,220 kV. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 23 de maio de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña