Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 03 de xullo de 2003 Páx. 8.862

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/198-2, 5779 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: peche de circuítos A Fórnea-Vilar.

Situación: Trabada.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea con orixe na L.M.T. a C.T. da Fórnea e remate na L.M.T. a C.T. de Vilar de 3.209 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios de metálicos e de formigón en conductor LA-110. L.M.T. aérea con orixe na L.M.T. A Fórnea-Vilar e remate no C.T. proxectado da Fórnea a 16 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios metálicos en conductor LA-56. L.M.T. aérea con orixe na L.M.T. A Fórnea-Vilar e remate no C.T. proxectado de Vilar de 12 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios metálicos en conductor LA-56. C.T. aéreo de intemperie da Fórnea de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. C.T. aéreo de intemperie de Vilar de 160 kVA de pontencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. Enlace do C.T. proxectado da Fórnea coa R.B.T. aérea existente da Fórnea de 100 m de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z. Enlace do C.T. proxectado Vilar coa R.B.T. aérea existente de Vilar de 90 m de lonxitude a 380-220 V sobre apoios de

formigón en conductor R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran

nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 6 de maio de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo