Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 03 de xullo de 2003 Páx. 8.855

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 26 de xuño de 2003 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 36 do grupo IV (auxiliar de museos) do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

De conformidade co disposto nas bases IV e V da convocatoria para o acceso á categoría 36 do grupo IV (auxiliar de museos), levada a efecto pola Orde do 30 de xullo de 2001 (DOG nº 160, do 20 de agosto), e remitida polo tribunal IV-F a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Elevar a definitiva a proposta do tribunal IV-F dos aspirantes que superaron o proceso selectivo da categoría 36 do grupo IV (auxiliar de museos), que se publica como anexo desta orde.

Segundo.-Os aspirantes que constan no dito anexo deberán remitir, no prazo de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no DOG, á Dirección Xeral da Función Pública os documentos a que se refire a base V.1 da orde de convocatoria.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poden interpoñer, os aspirantes que accedan pola quenda de promoción interna, reclamación administrativa previa perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado a partir do día

seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, en aplicación dos artigos 120 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais disposicións concordantes, e os aspirantes que accedan pola quenda libre, con carácter postestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde, ou directamente recurso

contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

GRUPO IV-CATEGORIA 036 (AUXILIAR DE MUSEOS)

PROMOCION INTERNA

DNIPRIMEIRO

APELIDO

SEGUNDO

APELIDO

NOME1º EXER.2º EXER.CONCURSOTOTALDISCAPACIT.

33859278NABELLEIRAVEGAGLORIA18,4005,0003,6827,08NON

ACCESO LIBRE

DNIPRIMEIRO

APELIDO

SEGUNDO

APELIDO

NOME1º EXER.2º EXER.CONCURSOTOTALDISCAPACIT.

34727311WJUSTORODRIGUEZMANUEL17,2006,4202,826,42NON