Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 03 de xullo de 2003 Páx. 8.848

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de panaderías da provincia de Lugo.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector de panaderías da provincia de Lugo (código 2700425), asinado o día 27 de xaneiro de 2003, pola representación da Asociación de Empresarios de Panaderías da Provincia de Lugo, e das centrais sindicais UGT (35,7), USO (35,7%), CC.OO. (28,6%), CIG (0%) e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 25 de febreiro de 2003.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo

Convenio colectivo de traballo para a actividade de industrias do pan (panaderías) da provincia de Lugo

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

Este convenio é de aplicación obrigatoria en toda a provincia de Lugo, de conformidade co preceptuado no título III, capítulo I, sección 1, artigo 82 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 2º.-Ámbito funcional.

Este convenio obriga a tódalas empresas que se rexían pola Regulamentación nacional de traballo da industria panadeira (Orde do 12 de xullo de 1946, Boletín Oficial del Estado do 19 de xullo de 1946) sendo de obrigado cumprimento.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Inclúe a totalidade do persoal ocupado polas empresas indicadas nos ámbitos territorial e funcional.

Artigo 4º.-Vixencia.

A vixencia deste convenio iníciase o 1 de xaneiro de 2002 e remata o 31 de decembro de 2003, con independencia da súa data de publicación no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

Artigo 5º.-Denuncia.

Este convenio enténdese automaticamente denunciado o día da súa sinatura. Ambas partes quedan comprometidas, logo de convocatoria de calquera delas, a inicia-la negociación do ano 2004. En todo caso, este convenio prorrogarase por períodos anuais sen necesidade de denuncia expresa.

Artigo 6º

As condicións pactadas forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa aplicación práctica serán consideradas globalmente.

Artigo 7º.-Compensación.

As condicións pactadas son compensables na súa totalidade coas que anteriormente rexeran por imperativo legal ou por calquera outra causa.

Artigo 8º

Na orde económica, para a aplicación do convenio, haberá que aterse ó pactado segundo táboas anexas e en xeral, en todo o non previsto neste convenio haberá que aterse ó disposto na ordenanza laboral da industria de panadería citada mentres non sexa substituída por un acordo marco estatal ou autonómico.

Artigo 9º.-Absorción.

As condicións que se establecen neste convenio son compensables e absorbibles en cómputo anual, conforme a lexislación vixente.

Artigo 10º.-Situación máis beneficiosa.

As situacións persoais que con carácter global excedan do pacto, respectaranse, manténdose as que resulten máis beneficiosas ou favorables ó traballador.

A interpretación do disposto nesta articulación é da competencia da comisión paritaria do convenio.

Artigo 11º.-Vinculación á totalidade.

Establecido o principio de unidade e indivisibilidade das condicións pactadas, no suposto de que non fose aprobado algún dos pactos esenciais do convenio, que os desvirtuara fundamentalmente, este quedará sen eficacia, debéndose reconsidera-lo seu contenido.

Artigo 12º.-Comisión paritaria do convenio.

Créase unha comisión paritaria do convenio de acordo co disposto no artigo 85 do Estatuto dos traballadores, como órgano de arbitraxe, conciliación e vixilancia do seu cumprimento.

As funcións específicas desta comisión, que en ningún caso obstruirán o libre exercicio da xurisdicción competente laboral, á que lle corresponderá

a última decisión en orde á aplicación ou interpretación do contido do convenio, serán as seguintes:

1. Arbitraxe nos problemas e conflictos que lle sexan sometidos polas partes ou nos supostos previstos concretamente neste texto.

2. Conciliación facultativa nos problemas e conflictos colectivos, con independencia das respectivas conciliacións interesadas.

3. Vixilancia do cumprimento do pactado.

4. Entender de cantas outras xestións tendan á maior eficacia do convenio.

Tendo en conta tales funcións, ámbalas dúas partes conveñen poñer en coñecemento da comisión paritaria do convenio cantas dúbidas, discrepancias e conflictos poideran producirse como consecuencia da interpretación e aplicación do convenio, para que a comisión emita dictame ou actúe na forma regulamentariamente prevista, previa ou simultaneamente ó planteamento de tales casos ante a xurisdicción.

A comisión paritaria do convenio, que se reunirá por petición de calquera das partes, comporase dun presidente, un secretario, elixidos polas partes, e oito vocais, catro pola Asociación Provincial de Panadería e catro pola parte social. En todo caso, a comisión paritaria do convenio poderá utiliza-los servicios permanentes ou ocasionais de asesores en cantas materias sexan da súa competencia.

Artigo 13º

Tódalas empresas quedan obrigadas a respecta-las normas que sobre seguridade e hixiene están recollidas na lexislación vixente e regulamentación de panadería, establecéndose unha revisión médica obrigatoria unha vez ó ano. É obrigatorio facilitarlle ó traballador roupas de traballo que consistirán:

-Tres uniformes brancos ó ano para traballos de obradoiro.

-Tres mandilóns ó ano para o persoal de despacho e repartidores.

Artigo 14º

Os salarios mínimos e de cotización serán os que resulten da aplicación neste convenio, salvo que nalgún momento sexan inferiores ó salario mínimo interprofesional.

Artigo 15º

Os salarios establecidos para as distintas categorías para o período que vai desde o 1 de xaneiro de 2002 ó 31 de decembro de 2002 serán os recollidos na táboa salarial anexa como anexo I, supoñendo un incremento salarial con respecto ás táboas do ano 2001 dun 4%.

Os salarios establecidos para as distintas categorías para o período que vai desde o 1 de xaneiro de 2003 ó 31 de decembro de 2003 serán os recollidos na táboa salarial anexa como anexo II, supoñendo un incremento salarial con respecto ás táboas do ano 2002 do IPC previsto polo Goberno para o ano 2003 máis 0,5 puntos.

Establécese para o ano 2003 unha cláusula de revisión de forma que, no suposto de que o IPC real estatal a 31 de decembro de 2003 sexa igual ou inferior ó 2%, se garanta un punto por encima de tal IPC real, mentres que, no suposto de que o IPC real estatal a 31 de decembro de 2003 sexa superior ó 2%, se garanta 0,5 puntos por enrriba de tal IPC real.

En ámbolos dous casos, realizarase unha revisión das táboas salariais do ano 2003, no importe resultante da cláusula de revisión, con efectos retroactivos do 1 de xaneiro de 2003.

Artigo 16º.-Gratificacións extraordinarias.

Todo o persoal afectado por este convenio percibirá:

-Gratificación extraordinaria 31 de xullo trinta días (30) para pagar coa nómina de xullo.

-Gratificación extraordinaria Nadal trinta días (30), para pagar antes do día 24 de decembro.

-Gratificación extraordinaria S. Honorato trinta días (30) para pagar coa nómina de maio.

O aboamento das gratificacións fixadas anteriormente estarán constituídas polos conceptos retributivos seguintes:

-Soldo base.

-Antigüidade.

-Xornada especial.

Artigo 17º

A xornada de traballo será a regulada no Estatuto dos traballadores e lexislación de xeral aplicación.

Así pois, para este convenio fíxase a seguinte xornada de traballo:

Corenta (40) horas semanais de traballo efectivo, equivalentes a 1.826 horas, segundo dispón a Lei 4/1983, do 29 de xuño , punto b) artigo 6, máis a xornada especial de dúas horas, as cales serán aplicadas nas xornadas denominadas dobres, dos sábados ou vésperas de festivos en que haxa necesidade de realizar tal xornada coñecida por dobre. Cada ano natural os traballadores disporán de dous días aboables e non recuperables logo de comunicación á empresa.

Horarios:

-Persoal de obradoiro (excepto amasadores):

De luns a venres: de dúas horas e trinta minutos a nove horas.

Sábado: dunha hora e trinta minutos a nove horas.

-Persoal de obradoiro: amasadores:

De luns a venres: dunha hora e trinta minutos a oito horas.

Sábado: de cero trinta horas a oito horas.

-Persoal de reparto (transportadores):

De luns a venres: de sete horas a trece horas e trinta minutos.

Sábado: de sete horas a catorce horas e trinta minutos.

-Persoal de vendas despachos:

De luns a venres: mañá: de nove horas a catorce horas. Tarde: de dezasete horas a dezanove horas.

Sábado: de nove horas a catorce horas.

Artigo 18º

Cando coincidan dous días festivos consecutivos, como é o caso da festividade de S. Honorato, procederase á fabricación e venda no primero deles, respetando en todo caso a festividade do domingo, por este motivo inverterase o día de fabricación para o caso de que o primeiro festivo coincida en domingo, todo iso sen prexuízo do que dispoñan as autoridades competentes e dun modo especial a Lei de comercio interior da nosa Comunidade Autónoma.

Os traballos para realizar nos ditos días festivos serán aboados como segue: salario base e antigüidade multiplicado por dous, incrementarase o 35% do día festivo. É dicir, aplicarase a fórmula:

2(salario base + antigüidade ) + 35 x (salario base + antigüidade)

100

Artigo 18º bis

Queda establecida neste convenio e salvo os supostos que se exceptúan no parágrafo seguinte, a prohibición de venda, fabricación e distribución de pan, pans especiais e repostería, quedando os establecementos obrigados a cerra-los domingos e días sinalados.

Exceptúase do disposto no parágrafo anterior para os dous anos de vixencia do presente convenio os supostos autorizados pola Xunta de Galicia para a apertura de establecementos comerciais, días estes nos que se poderá vender, fabricar e distribuír pan, pans especiais e repostería.

Aqueles traballadores que presten os seus servicios nas datas sinaladas no parágrafo anterior verán compensado o traballo en tales datas mediante un día e medio de descanso por cada domingo ou festivo traballado a desfrutar dentro dos catro meses seguintes segundo acordo entre empresario e traballador ou ben mediante a retribución consistente no salario ordinario incrementado cun recargo por domingo ou festivo traballado de 20,31 euros.

En todo caso, recoñécese o dereito do empresario a decidir cada domingo e día festivo traballado o número e categoría dos traballadores que precisa para unha correcta organización do traballo.

Artigo 19º

Por circunstancias de carácter estrictamente estructurais, derivadas da natureza da actividade de que se trata e co fin de atender suficientemente a subministración de pan á poboación nos días vés

peras de domingos e festivos, nos cales non se procederá á fabricación e venda de pan, establécese unha xornada especial nos ditos días vésperas de domingo e festivos, consistente na prolongación da xornada normal, en dúas horas máis, para este efecto fíxase nas táboas salariais anexas a correspondente cantidade diaria a percibir polos traballadores en cada categoría profesional.

Artigo 20º

A remuneración do persoal afectado por este convenio estará formada exclusivamente por: salario base-antigüidade xornada especial-pan, todo iso tendo en conta a circunstancia que concorre nos traballadores de obradoiro, de realizar traballos nocturnos.

Artigo 21º

De conformidade co establecido no artigo 25 do Estatuto dos traballadores, establécense os seguintes incrementos por antigüidade:

-Ós cinco anos: dez por cento (10%).

-Ós quince anos: vintecinco por cento (25%).

-Ós vinte anos: corenta por cento (40%).

-Ós vintecinco anos: sesenta por cento (60%).

-Os incrementos calcularanse sobre o salario base.

Artigo 22º

Páctase que as empresas vinculadas por este convenio aboaranlles ós traballadores o 100% do salario real, servindo de módulo o do mes anterior á baixa en casos de accidente laboral mentres dure a baixa polo dito accidente. Así mesmo, as empresas aboaranlles ós traballadores o 100% do salario real nos casos de enfermidade profesional ou con hospitalización durante os primeiros corenta días.

En todo caso e por aplicación do disposto no artigo 133 catro do texto refundido da Lei xeral da seguridade social, nos supostos de baixa por maternidade os traballadores terán dereito a un subsidio, a cargo da seguridade social, na seguinte contía: 100% da base reguladora a partir do mesmo día en que se inicia o descanso por maternidade.

Artigo 23º

O período de vacacións será de trinta días naturais (30) que serán desfrutadas, tendo en conta as necesidades do servicio, e logo de acordo coa empresa, preferentemente entre os meses de xuño a setembro. A falta de acordo haberá que aterse ó disposto no artigo 38 do Estatuto dos traballadores. O traballador en período de vacacións recibirá o mesmo salario que no seu traballo habitual, con dereito, ademais, ó quilogramo de pan que ten recoñecido.

Artigo 24º

Avisando coa máxima antelación posible, o persoal afectado por este convenio poderá faltar ó traballo con dereito ó percibo do salario, por algún dos motivos e durante os períodos de tempo seguintes, iso

sen prexuízo das licencias retribuídas polos motivos e tempos previstos no Estatuto dos traballadores.

a) Durante quince días naturais, en caso de matrimonio

b) Tres xornadas de traballo nos casos de enterrro de pais, fillos, cónxuxes ou irmáns, tanto en liña de consanguinidade como de afinidade, así como no caso de nacemento de fillos, ampliándose a cinco días cando o feito se produza fóra da localidade onde o centro de traballo está situado

c) Durante dous días por traslado do seu domicilio habitual

Artigo 25º

De conformidade co establecido no artigo 46 do Estatuto dos traballadores e mentres subsista tal regulación, o traballador con polo menos unha antigüidade na empresa dun ano ten dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non menor a dous anos e non maior a cinco. Este dereito só podrá ser exercitado outra vez polo mesmo traballador se transcorriron catro anos desde o final da anterior excedencia.

Da mesma forma os traballadores terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos para atende-lo coidado de cada fillo, tanto cando o sexa por natureza como por adopción, contados desde a data de nacemento deste.

Os sucesivos fillos darán dereito a novo período de excedencia que, se é o caso, porá fin ó que se viñera desfrutando. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercer este dereito.

Así mesmo poderán solicita-lo seu paso á situación de excedencia na empresa os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

Artigo 26º

As festas serán as aprobadas polo calendario oficial laboral e o día dezaseis de maio, festividade de San Honorato.

Artigo 27º

Establécese o criterio de reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias, chegando á súa supresión.

Poderanse realizar, non obstante, dentro dos límites e condicións do artigo 35 do Estatuto dos traballadores, as horas extraordinarias necesarias por períodos punta de producción, ausencias imprevistas ou otras circunstancias de carácter estructural derivado da natureza da actividade.

Non se computarán como horas extraordinarias, nin se terán en conta para efectos da duración máxima da xornada ordinaria laboral, sen prexuízo do seu aboamento como se se tratase de horas extraordinarias, o exceso das traballadas para previr ou

reparar sinistros e outros danos extraordinarios. As horas extraordinarias terán unha recarga do setenta e cinco por cento (75%) e xirarán baixo a seguinte fórmula:

Salario base convenio x 30 x 1,75 valor hora extra

172

Artigo 28º

Os traballadores terán dereito a percibir un quilogramo de pan diario, incluídos os períodos de vacacións, baixa por enfermidade e accidente. Figurará en nómina segundo o prezo establecido nas táboas anexas.

Non obstante o sinalado, e logo da existencia de común acordo entre empresa e traballador, poderase acorda-la substitución da retribución en especie referida no parágrafo anterior por retribución diñeraria, consistente no prezo de pan establecido nas táboas anexas.

Artigo 29º

En tódalas empresas do ámbito do convenio, e en tódolos centros de traballo, será debidamente exposto un exemplar deste convenio para ser consultado libremente polo persoal.

Artigo 30º

Se durante a vixencia do presente convenio mediara negociación e acordo doutro ámbito superior ó presente, as partes adheriranse a el, sempre e cando non exista violación expresa da lexislación vixente e sexa en cómputo anual superior para os traballadores.

Artigo 31º

Os atrasos, por diferencia de salarios, producidos como consecuencia da publicación deste convenio faranse efectivos dentro dos dous primeros meses seguintes a partir da publicación do convenio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 32º

As empresas veranse obrigadas a concertar, con primas íntegras ó seu cargo unha póliza de accidentes que cubra os riscos de falecemento ou invalidez permanente nos graos de total, absoluta e gran invalidez, a consecuencia de accidente de traballo.

-Falecemento: 16.527,83 euros.

-Invalidez permanente: 19.532,89 euros.

Artigo 33º.-Liquidación por cesamento.

1. Cando o traballador cause baixa na empresa seralle aboado o importe da liquidación de salarios que legalmente corresponda, incluído o importe das gratificacións extraordinarias e o de vacacións en proporción ó tempo traballado desde que se devengou a correspondente gratificación ou se desfrutaron as oportunas vacacións.

2. As empresas aboaranlles ós traballadores que, tendo a idade que seguidamente se expresa e máis de 10 anos de antigüedade na empresa, causen baixa

nesta por extinción do contrato de traballo de mutuo acordo entre empresa e traballador, as seguintes cantidades en concepto de premio de constancia:

-64 anos: unha mensualidade e media.

-63 anos: 1.328,24.

-62 anos: 1.991,15.

-61 anos: 2.323,51.

-60 anos: 2.655,27.

Artigo 34º.-Formación profesional.

As partes asinantes acordan constituír unha comisión paritaria provincial sectorial de formación profesional, integrada por 1 representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da Asociación Provincial de Empresarios de Panaderías de Lugo igual ó total das centrais sindicais.

Serán funcións desta comisión:

-Requerir das administracións autonómicas competentes o recoñecemento desta comisión como interlocutor social sectorial, que reciba a información existente sobre programas e cursos de formación profesional con financiamento oficial que afecten ó sector de panaderías, co fin de colaborar tanto nos que estean en marcha, como nos que se poidan programar en adiante.

-Elaborar estudios sobre necesidades e requirimintos de formación profesional no sector para chegar a defini-la organización e programación desta, tanto ocupacional, como regulada (observatorio ocupacional).

-Elaborar plans formativos necesarios para consegui-la homologación das cualificacións profesionais de traballadores técnicos, administrativos e manuais, cos seus equivalentes na Comunidade Económica Europea, con vistas á entrada en vigor do Mercado Único.

-Cantas otras funcións a comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e mellora da formación profesional no sector na provincia de Lugo.

Artigo 35º.-Comisión de seguridade e hixiene no traballo.

As partes asinantes acordan constituír unha comisión paritaria provincial sectorial de seguridade e hixiene no traballo, integrada por un representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da Asociación de Empresarios de Panaderías de Lugo, igual ó total das centrais sindicais.

Ambas representacións se comprometen a manter reunións periódicas, logo de convocatoria de calquera das partes con 15 días de antelación.

As funcións básicas da comisión de seguridade e hixiene terán como obxectivos prioritarios:

1. Promove-la observancia das disposicións legais vixentes para a prevención dos riscos profesionais no ámbito do sector.

2. Prestar asesoramento ós empresarios e traballadores para evitar e/ou reduci-los riscos que atenten á integridade física e saúde dos traballadores.

3. Dar a coñece-las normas e procedementos que en materia de seguridade e hixiene dicten os organismos especializados nesta materia.

4. Solicitar informes sobre os resultados estatísticos dos coñecementos médicos que se lles realicen ós traballadores deste sector.

Cantas outras funcións a comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e mellora da seguridade e hixiene no traballo no sector, na provincia de Lugo.

Artigo 36º.-Modalidades de contratación.

A) O contrato de duración determinada regulado no artigo 15.1º b) do Real decreto lexislativo 1/1995, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores poderá ter unha duración máxima de doce meses dentro dun período de dezaoito meses.

B) Os traballadores contratados baixo a modalidade de contrato de traballo para a formación percibirán unha retribución, a partir da data de publicación deste convenio no BOP de Lugo ou Diario Oficial de Galicia, consistente no 85% e o 90% dos salarios de convenio correspondentes á categoría profesional para a que se forma o traballador durante, respectivamente, o primeiro e o segundo ano de vixencia do contrato.

C) Contrato indefinido de fomento de emprego. No ámbito de aplicación deste convenio poderá concertarse esta modalidade contractual con traballadores empregados na empresa mediante un contrato de duración determinada ou temporal, incluídos os contratos formativos, subscrito unha vez transcorrido un ano desde a entrada en vigor do Real decreto-lei 8/1997.

Artigo 37º.-Xubilación especial ós 64 anos.

Os traballadores que cumpran a idade de 64 anos e demais requisitos esixidos, poderán acollerse á modalidade de xubilación especial establecida no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, estando as empresas obrigadas a substituír a tales traballadores simultaneamente ó seu cesamento por xubilación por outro traballador nas condicións previstas no citado real decreto.

Artigo 38º

As partes asinantes deste convenio consideran o Acuerdo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extrajudiciais de Solución de Conflictos de Traballo (AGA) como a canle idónea para a solución dos conflictos colectivos laborais.

ANEXO I

Táboa salarial

Convenio provincial de panaderías de Lugo

Vixencia: 1-1-2002 ó 31-12-2002

Categoría profesionalSalario

base día

Xornada

especial

PanTotalTotal

anual

Mestre encargado16,712,531,3720,619.254,25

Oficial de pa16,712,531,3720,619.254,25

Oficial de masa16,712,531,3720,619.254,25

Oficial de mesa16,712,531,3720,619.254,25

Oficial administrativo16,712,531,3720,619.254,25

Axudante16,642,281,3720,299.108,65

Auxiliar administrativo16,642,281,3720,299.108,65

Peón16,642,281,3720,299.108,65

Transporte pan despacho16,642,431,3720,449.176,90

Repartidor16,642,431,3720,449.176,90

Vendedor despacho16,641,751,3719,768.867,50

Limpador/a16,641,751,3719,768.867,50

Antigüidade: a que corresponda en cada caso para as categorías

ANEXO II

Convenio provincial de panaderías de Lugo

Vixencia: 1-1-2003 ó 31-12-2003

Categoría profesionalSalario

base día

Xornada

especial

PanTotalTotal

anual

Mestre encargado17,132,591,4021,129.483,60

Oficial de pa17,132,591,4021,129.483,60

Oficial de masa17,132,591,4021,129.483,60

Oficial de mesa17,132,591,4021,129.483,60

Oficial administrativo17,132,591,4021,129.483,60

Axudante17,062,341,4020,809.338,00

Auxiliar administrativo17,062,341,4020,809.338,00

Peón17,062,341,4020,809.338,00

Transporte pan despacho17,062,491,4020,959.406,25

Repartidor17,062,491,4020,959.406,25

Vendedor despacho17,061,791,4020,259.087,75

Limpador/a17,061,791,4020,259.087,75

Antigüidade: a que corresponda en cada caso para as categorías