Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 02 de xullo de 2003 Páx. 8.817

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2003, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia contratación, mediante procedemento aberto, concurso público e tramitación urxente. (C.P. 28/2003).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6 da orde da Consellería de Sanidade do 14 de marzo de 2002, (DOG nº 66, do 5 de abril), convoca o seguinte concurso:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Complexo Hospitalario Universitario Xeral-Cíes de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación administrativa.

c) Número do expediente: CP 28/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: arrendamento e mantemento de incubadoras. C.H.U Xeral-Cíes.

b) Número de unidades para entregar: ver pregos.

c) División por lotes e número: ver pregos.

d) Lugar de entrega: ver pregos.

e) Prazo de entrega: ver pregos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importes totais:

Cento noventa e nove mil oitenta euros (199.080,00 A).

5. Garantía provisional: si, o 2% do lote/s ós que se licite.

Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

O prego de cláusulas administrativas e demais documentación complementaria pódese solicitar na Sección de Contratación Administrativa, de luns a venres desde as 9.00 ata as 14.00 horas.

a) Entidade: C.H.U. Xeral-Cíes de Vigo.

b) Domicilio: Pizarro 22.

c) Localidade e código postal: 36204 Vigo.

d) Teléfono: 986 81 59 37.

e) Telefax: 986 81 60 29.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica, financeira e Solvencia técnica. Sistema de acreditación:

Xeral (acreditación libre por un o varios dos medios referidos nos artigos 16 e 18 TRLCAP contidos no anexo II do prego).

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: as ofertas pódense presentar en man antes das 14.00 horas do décimo día natural contado a partir do seguinte día ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Reglamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do C.H.U. Xeral-Cíes de Vigo.

d) Prazo durante o cual o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses contados desde a data de apertura das ofertas.

e) Admisión de variantes: si, unha referida a modificacións no prezo como producto da variación na modalidade do producto e calidade.

9. Apertura das ofertas.

8.30 horas, sala de xuntas do C.H.U. Xeral-Cíes de Vigo, do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel que remate o prazo de presentación das ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das ofertas terá lugar no día hábil seguinte.

A data e lugar do acto público no que se propoña a adxudicación será debidamente anunciada polo órgano de contratación no taboleiro de anuncios do Hospital Xeral-Cíes de Vigo, planta 0 (art. 58, 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común).

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios: por conta dos adxudicatarios: o importe máximo estimado é de 3.500,00 euros.

12. Páxina web onde obter información relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.sergas.es

Vigo, 18 de xuño de 2003.

Manuel Sánchez Delgado

Director xerente do Complexo Hospitalario

Universitario Xeral-Cíes de Vigo