Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., e CC.TT. urbanización Paraíso.
Situación: Oleiros.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 580 m de lonxitude, con orixe e final no tramo de liña existente entre C.T. Ramón Cabanillas e C.T. industrias Castaño, unha vez entre e saia dos CC.TT. nº 1 e 2 da urbanización Paraíso, que se vai instalar.
Centro de transformación en caseta prefabricada de formigón, na urbanización Paraíso, denominados nº 1 e nº 2 de 400 kVA e de 630 kVA, respectivamente e tensións de 15/0,380-0,220 kV. Concello de Oleiros.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 21 de maio de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña