Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 02 de xullo de 2003 Páx. 8.802

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/392. Modificado I).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007, A Coruña.

Denominación: modificado I cambio de tensión a 20 kV. San Bernardo-Chave.

Situación: Noia e Lousame.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, baixo tubo e con conductor RHV 12/20 kV de 3(1x95) mm Al:

-De 95 m de lonxitude, coa orixe no apoio metálico na liña a C.T. Cruído e final no C.T. Cruído, existente.

-De 22 m de lonxitude, que deriva do ramal anterior e final no autotransformador 10/20 kV de Cruído, que se vai instalar.

Centro de transformación en caseta prefabricada de formigón, de 160 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Cruído, con saída en baixa tensión subterránea, con conductor RV de 12 m que se conectan a rede existente. Concellos de Noia e Lousame.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 20 de maio de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña