Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 02 de xullo de 2003 Páx. 8.798

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 9 de xuño de 2003, do Servicio de Xestión Xurídico-Administrativa da Dirección Xeral de Obras Públicas, pola que se notifican as resolucións sancionadoras dictadas nos expedientes administrativos incoados por infracción da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido practicar (expediente SANC/MG/13/03 e outro máis).

O director xeral de Obras Públicas por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda, dictou resolución nos expedientes sancionadores que se relacionan no anexo.

Nas devanditas resolucións sancionadoras, ademais de impoñe-la sanción de multa que en cada caso se indica, acordouse ordena-la restitución do medio físico ás condicións anteriores á comisión da infración nun prazo de 15 días contados desde a notificación (artigo 47.3º LEG), con expresa advertencia da posibilidade de impoñer multas coercitivas (artigo 47.4º LEG) e a posibilidade de proceder á súa execución subsidiaria a cargo do causante.

Intentada a notificación persoal destas consonte establece o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de

novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non foi posible a súa práctica.

Por medio deste anuncio, e segundo dispoñen os artigos 59.5º e 61 da devandita norma legal, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o contido das referidas resolucións recaídas nos expedientes sancionadores instruídos por infraccións da normativa reguladora en materia de estradas.

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, computados desde o día seguinte ó da publicación desta cédula, para examina-lo expediente sancionador depositado no Servicio de Xestión Xurídico-Administrativa da Dirección Xeral de Obras Públicas, sito nos edificios administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela.

Así mesmo, ponse no seu coñecemento que as ditas resolucións sancionadoras esgotan a vía administrativa, podendo interpoñer ben recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou ben directa

mente recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Os prazos de interposición de ámbolos recursos serán respectivamente, dun mes e dous meses computados desde o día seguinte ó remate do prazo de dez días antes sinalado ou da comparecencia do interesado, de se-lo caso.

As sancións impostas deberán facerse efectivas mediante ingreso en calquera oficina da Caixa Galicia, conta contable 840, código 01 ou Caixanova, recadación Xunta, modelo XTAX, e de non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento, consonte regula o artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2003.

José Antonio Domínguez Varela

Xefe do Servicio de Xestión Xurídico-Administrativa

ANEXO

-Expediente-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Estrada-p.q.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

SANC/MG/13/03 Bodegas Nairoa, S.L.

R/ Das Hortas nº 25, Ourense

Realizar unha obra ilegal sen a preceptiva autorización na zona de dominio público.

26-6-2001; OU-402.2; 7+800

Artigo 43.4º a) da Lei 4/1994Artigo 47.1º da Lei 4/19946.791,44 A

SANC/MG/12/03 José Toimil Taboada

R/ Don Ramiro, O Carballiño, nº 6, estrada de Lalín (Pontevedra)

Realizar sen a preceptiva autorización a construcción dun cerre de mampostería en zona de dominio público.

22-4-2002; PO-202; 0+760+800

Artigo 43.4º a) da Lei 4/1994Artigo 47.1º da Lei 4/19941.202,02 A