Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 02 de xullo de 2003 Páx. 8.736

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

DECRETO 295/2003, do 19 de xuño, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto número 241, Plan Operativo Local 2002 Abadín-estrada provincial Moncelos-Carrizal, alargamento e mellora do punto quilométrico 0,40 ó 2,90 (concello de Abadín).

A Deputación Provincial de Lugo, en sesión celebrada o día vintetrés de agosto de dous mil dous, aprobou o proxecto nº 241, Plan Operativo Local 2002 Abadín-estrada provincial Moncelos-Carrizal, alargamento e mellora do punto quilométrico 0,40 ó 2,90 e, na sesión do trinta de setembro de dous mil dous, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Por parte da Deputación Provincial de Lugo foi remitida a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día trinta de decembro de dous mil dous.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día nove de decembro de dous mil dous.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala a deputación, como consecuencia da mellora estructural das vías autonómicas, prodúcese un incremento significativo do tráfico nesta vía provincial, que non está adaptada a esta nova circunstancia, polo que é necesario dar resposta ampliando a sección transversal e rectificando o trazado en planta e alzado, formulando deste xeito unha vía máis segura, en consonancia coas circunstancias actuais, evitando así que se orixinen accidentes.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezanove de xuño de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial de Lugo para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto nº 241, Plan Operativo Local 2002 Abadín-estrada provincial Moncelos-Carrizal, alargamento e mellora punto quilométrico 0,40 ó 2,90.

Santiago de Compostela, dezanove de xuño de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración

Local

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E

VOLUNTARIADO