Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 01 de xullo de 2003 Páx. 8.715

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Bueu.

2. Obxecto do contrato: execución da obra de saneamento no lugar da Graña POL/2003. Prazo: catro (4) meses.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Tipo de licitación: 104.177,51 euros.

5. Garantías: provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de información e documentación: Concello de Bueu. Eduardo Vicenti, 10. 36930 Bueu. (Pontevedra). Teléfono: 986 39 00 29, telefax: 986 32 20 99.

7. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións administrativas. Clasificación: o contratista deberá atoparse clasificado no grupo E), subgrupo 1, categoría b).

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo e lugar: no Concello de Bueu, durante os 13 días naturais desde o seguinte ó de publicación deste anuncio no último dos boletíns no que apareza (DOG ou BOP), das 8.00 ás 14.00 de luns a venres, e das 9.30 ás 13.00 horas os sábados, no rexistro xeral do concello, ou da forma sinalada na cláusula 9 do prego de condicións.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións constarán de dous sobres pechados, A e B, denominados Documentación xeral e Documentación específica para o concurso, coas inscricións e que conterán a documentación que se sinala na cláusula 9 dos pregos de condicións particulares.

9. Apertura das ofertas: ás 13.00 horas do 3º día hábil seguinte ó de finalización do prazo para a presentación de proposicións (para efectos da apertura, o sábado considerarase inhábil).

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Máis información nos pregos, que se consultarán en horario de oficina na propia casa do concello.

Bueu, 5 de xuño de 2003.

Tomás Barreiro Sotelo

Alcalde