Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 01 de xullo de 2003 Páx. 8.713

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2003 relativa á adxudicación do contrato do servicio de limpeza do edificio e instalacións do Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, dispoño a publicación da adxudicación do seguinte contrato de servicio:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 15/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de servicios.

b) Descrición do obxecto: concurso, polo procedemento aberto, para a contratación do servicio de limpeza do edificio e instalacións do pazo do Parlamento de Galicia.

c) Lotes: único.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial das Comunidades Europeas DO/S 33, do 15 de febreiro de 2003 e, Diario Oficial de Galicia nº 53, do 17 de marzo de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 367.649 euros anuais.

5. Adxudicación.

a) Data: 26 de maio de 2003.

b) Contratista: Limpiezas Salgado, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 349.500 euros anuais, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2003.

José María García Leira

Presidente do Parlamento de Galicia