De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da PAV Peluqueros Asociados de Vigo, que abranguen os seguintes ámbitos.
Territorial: municipio de Vigo.
Profesional: representación, defensa e promoción dos intereses económicos, sociais, profesionais e culturais dos seus afiliados.
Asinan a acta de constitución: Roberto Carlos Martínez Hombre e outros.
Os estatutos depositados, poderán ser examinados por calquera persoa interesada.
Vigo, 5 de xuño de 2003.
Joaquín Macías Sanchez
Delegado provincial de Pontevedra