Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: Cidade de Viveiro 4, 27002 Lugo.
Denominación: anexo ó proxecto cerre de circuítos A Forneá-O Vilar
Situación: Trabada.
Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con 430 m de lonxitude conductor tipo LA-110 con orixe en L.M.T. existente ó C.T. A Órrea e final en C.T. O Vilar existente que se vai desmontar.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Lugo, 14 de maio de 2003.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo