Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 01 de xullo de 2003 Páx. 8.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 3 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se relacionan notificacións de posta de manifesto de actuacións de expedientes de derivacion de responsabilidade pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Argentino Costas Rouco e outra).

De conformidade co disposto no artigo 22 da Lei 1/1998, de dereitos e garantías do contribuínte, co obxecto de concede-lo debido trámite de audiencia, procédese á posta de manifesto de actuacións, despois de intentada a notificación persoal, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do Servicio Central de Recadación desta Dirección Xeral de Tributos, con enderezo en San Caetano nº 3, soto, en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2003.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos

ANEXO

Suxeito pasivo

Obrigado ó pagamento

Importe

Zona de

recadación

Maderas y Granitos Alonso, S.L.

CIF: B-36788412

Argentino Costas Rouco

NIF: 36021483-X

1.017,29 AVigo

Maderas y Granitos Alonso, S.L.

CIF: B-36788412

Amelia Alonso Pazos

NIF: 36050175-K

1.017,29 AVigo

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA