Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 01 de xullo de 2003 Páx. 8.691

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2003 pola que se nomean profesores titulares de universidade da área de coñecemento de fundamentos da análise económica, do departamento de Fundamentos da Análise Económica e Historia e Institucións Económicas, a Baltasar Manzano González e a Carlos Juan de Miguel Palacios (praza 125/2001).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución da Universidade de Vigo do 20 de novembro de 2001 (BOE do 11 de decembro), para a provisión de dúas prazas de profesor titular de universidade da área de coñecemento de fundamentos da análise económica, do departamento de Fundamentos da Análise Económica e Historia e Institucións Económicas, en prol de Baltasar Manzano González, con documento nacional de identidade número 36061220-A e de Carlos Juan de Miguel Palacios, con documento nacional de identidade número 36061647-Q, e cumprindo os interesados os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Baltasar Manzano González e Carlos Juan de Miguel Palacios, profesores titulares de universidade da área de coñecemento de fundamentos da análise económica, do departamento de Fundamentos da Análise Económica e Historia e Institucións Económicas.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polos interesados, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 10 de xuño de 2003.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo