Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 01 de xullo de 2003 Páx. 8.690

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, sobre a modificación da forma de provisión de postos de traballo reservados a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Vista a proposta formulada pola Deputación Provincial de Ourense, segundo o acordo adoptado polo Pleno en sesión celebrada o día 25 de abril de 2003, relativa á modificación da forma de provisión do posto de traballo de tesoureiro, reservado a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Esta consellería, de conformidade co establecido nos artigos 9 e 27 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso das facultades que lle confire o artigo 241 da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia, o artigo 13 bis da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e a Orde do 12 de febreiro de 2003, sobre delegación de competencias, esta secretaría

DISPÓN:

O posto de traballo de tesoureiro da Deputación Provincial de Ourense, reservado a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional, clasifícase como de provisión polo sistema de libre designación.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2003.

Manuel E. Martínez Oubiña

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Administración Local