Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 01 de xullo de 2003 Páx. 8.666

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector da lousa de Ourense e Lugo.

Visto o texto do convenio colectivo do sector da lousa de Ourense e Lugo (código do convenio nº 8200215), que se subscribiu con data do 30 de abril de 2003, entre a parte empresarial, representada pola Asociación Galega de Pizarristas, e a parte social, representada polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, e de conformidade co disposto no artigo 90, puntos 2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre o rexistro e o depósito de convenios colectivos de traballo. Esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais

Convenio colectivo de traballo do sector da lousa de Ourense e Lugo 2003-2004

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito funcional, territorial e persoal.

Este convenio regula as relacións de tódalas empresas e os seus traballadores, que teñan como

obxecto a explotación de lousas na provincia de Ourense e nas empresas de Lugo que se citan na acta da súa sinatura, e poden incorporarse voluntariamente a el as restantes empresas de Galicia, e isto con independencia do lugar onde radique o seu domicilio social.

Artigo 2º.-Vixencia.

Este convenio entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e producirá efectos económicos, en canto a salarios se refire, desde o día 1 de xaneiro de 2003.

Artigo 3º.-Duración.

Este convenio terá duración ata o día 31 de decembro do ano 2004.

Artigo 4º.-Denuncia.

Calquera das partes asinantes do convenio, poderá realiza-la denuncia deste comunicándollo por escrito á outra parte con dous meses de antelación á finalización da súa vixencia.

No mes anterior á finalización da duración do convenio as partes asinantes comprométense a manter unha reunión para constituí-la comisión negociadora e establecer un calendario de reunións para a próxima negociación. No suposto de que, chegado o día do vencemento, non se adoptase na comisión negociadora un acordo definitivo sobre o novo convenio, prorrogarase o anterior en tódalas súas cláusulas, ata a sinatura do novo convenio.

Artigo 5º.-Normas supletorias.

Serán normas supletorias o Estatuto dos traballadores, o acordo marco do sector da lousa, publicado no BOE do día 10 de abril de 1997 e os regulamentos de réxime interior daquelas empresas que os tivesen, así como as demais disposicións legais de aplicación.

Capítulo II

Outras condicións de traballo

Artigo 6º.-Xornada de traballo.

Aplicarase o disposto nos artigos 31 e 32, ambos inclusive, do acordo marco do sector da lousa.

Artigo 7º.-Vacacións.

As vacacións anuais serán de 21 días laborables para tódolos traballadores do sector, salvo que algún deles, a título persoal, desfrutase de maior período; en todo caso, o número de días naturais do período de vacacións non será inferior a 30. A súa retribución será de salario base, máis antigüidade, máis o complemento de asistencia correspondente ós días efectivos de traballo do mes ou meses en que se desfruten as ditas vacacións, segundo a xornada de traballo de cada empresa.

As vacacións poderanse desfrutar en dous períodos que se fixarán de común acordo entre o empresario e o traballador ou os seus representantes legais, tendo en conta que polo menos 11 días laborables debe

rán ser en período estival. En caso de circunstancias excepcionais, o empresario e os representantes dos traballadores poderán pactar outros períodos de distribución das vacacións. Neste último suposto non será de aplicación o establecido no artigo 20 deste convenio.

En caso de que o traballador se encontre en situación de incapacidade temporal no momento de comeza-las vacacións, estas posporanse, fixándose un novo período, se isto procedese, dentro do ano natural. En caso contrario, se a baixa se producise durante o período delas, estas seguirán correndo ata cumprirse o período correspondente.

Artigo 8º.-Festas locais.

Sen prexuízo das competencias dos concellos, serán establecidas de común acordo entre a empresa e os representantes dos traballadores. En caso de non haber acordo, entenderanse como tales, as do lugar onde radique o centro de traballo.

Artigo 9º.-Licencias e permisos.

O traballador, logo de aviso e posterior xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, polos motivos e durante o tempo sinalado para cada un deles no artigo 37 do Estatuto dos traballadores e o artigo 38 do acordo marco do sector da lousa. Igualmente polo tempo imprescindible para a realización de exames, sempre que se xustifique.

Todo traballador terá dereito á asistencia médica, polo tempo necesario e retribuído, presentando o oportuno xustificante.

Artigo 10º.-Roupa de traballo.

Tódalas empresas afectadas por este convenio entregaranlles ós seus traballadores dúas fundas ó ano, como roupa de traballo, unha no mes de xaneiro e outra no mes de xullo. Non obstante o anterior, cando a data de ingreso na empresa non coincida con eses dous meses, entregarase unha ó comezo e outra ó cabo de seis meses se o traballador continuara prestando os seus servicios na empresa. Así mesmo, entregaránlle-lo día 1 de outubro de cada ano un par de botas de seguridade a aqueles traballadores que desempeñen o seu traballo como serradores ou ben como rachadores de pedra. Tamén lles entregarán un par de botas de seguridade ós traballadores que desempeñen o seu traballo como cortadores, embaladores e labradores. Igualmente, facilitaranse as luvas e mandís necesarios.

A roupa de seguridade e protección, será substituída polas empresas antes dos prazos sinalados, sempre que se entreguen as usadas ou deterioradas e se comprobe que o desgaste ou rotura non é imputable ó traballador.

Capítulo III

Condicións económicas

Artigo 11º.-Salarios.

Os salarios pactados neste convenio, para o ano 2003, son os que figuran no anexo II.

Co fin de facilita-la elaboración das nóminas, así como que os traballadores perciban mensualmente a mesma cantidade económica, con independencia dos días naturais ou laborables do mes de que se trate, establécese o salario base a razón de 30 días/mes e o complemento de asistencia, a razón de 21 días/mes.

As empresas aboaránlle-los salarios ós traballadores, dentro dos cinco primeiros días hábiles do mes seguinte ó seu devengo.

Artigo 12º.-Revisión 2003.

En caso de que o índice de prezos ó consumo (IPC), establecido polo INE, rexistrase o 31 de decembro de 2003 un incremento superior ó 2,5% respecto da cifra que resultase de aplica-lo dito IPC o 31 de decembro de 2002, efectuarase unha revisión salarial tan pronto como se constate oficialmente esta circunstancia, en exceso da indicada cifra. Tal incremento aboarase con efectos do primeiro de xaneiro de 2003, servindo por conseguinte, de base de cálculo para o incremento salarial do ano 2004.

Artigo 13º.-Incremento salarial do ano 2004.

Con efectos do primeiro de xaneiro de 2004 e con independencia do estipulado no artigo precedente, unha vez aplicada a revisión de 2003, actualizarase a táboa salarial do anexo II, na porcentaxe que sinale o Goberno do Estado como previsión de incremento do IPC para ese ano incrementado en 1 punto; en caso de que non exista tal previsión, aplicarase a porcentaxe que aquel aplique para os orzamentos xerais do Estado incrementado en 1 punto.

En caso de que o índice de prezos ó consumo (IPC), rexistrase ó 31 de decembro do ano 2004 un incremento superior ó previsto polo Goberno incrementado en 0,5 puntos, efectuarase unha revisión salarial, tan pronto se constate oficialmente, a partir da dita previsión incrementada en 0,5 puntos. Tal incremento aboarase con efectos do primeiro de xaneiro do ano 2004, servindo, por conseguinte, como base de cálculo para o incremento salarial do ano 2005.

Artigo 14º.-Complemento de asistencia.

Establécese un complemento de asistencia para os traballadores dos grupos I ó V con rendemento normal que se devengará por día efectivo de traballo nas contías que se establecen na columna segunda do anexo II do convenio.

Artigo 15º.-Perda do complemento de asistencia.

A primeira xornada non traballada completa suporá a perda de dous días de complemento; a segunda falta, catro días de complemento; a terceira falta, suporá a perda de dez días de complemento e a cuarta falta, o total do complemento mensual.

As faltas non xustificadas computaranse dentro de cada mes natural.

A perda deste complemento é independente das sancións que establezan as disposicións legais sobre a materia.

Artigo 16º.-Antigüidade.

O persoal comprendido neste convenio, percibirá os aumentos periódicos polos anos de servicio, con base en dous bienios e quinquenios sucesivos, de acordo cos valores seguintes para tódalas categorías:

Anos 2003 e 2004.

Bienio/mes = 17,26 A.

Quinquenio/mes = 26,25 A.

Artigo 17º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense as seguintes:

a) Paga extraordinaria de xullo, por unha contía de 30 días, que se aboará antes do día vintedous dese mes e devengarase en función do tempo efectivamente traballado durante o primeiro semestre do ano.

b) Paga extraordinaria de Nadal, por unha contía de 30 días, que se aboará antes do día 22 de decembro e se devengará en función do tempo efectivamente traballado durante o segundo semestre do ano.

c) Paga extraordinaria de beneficios, por unha contía de 30 días, que se aboará antes do día 22 do mes de marzo e se devengará en función do tempo efectivamente traballado durante o ano natural inmediatamente anterior á súa percepción.

As pagas que figuran nas letras a), b) e c) entenderanse devengadas en razón do salario que figura na primeira columna do anexo II en vigor no momento do devengo, máis a antigüidade correspondente.

Artigo 18º.-Axudas de custo.

As axudas de custo aboaranse a razón das seguintes cantidades: para o ano 2003 e 2004, media axuda de custo: 8,70 A, axuda de custo completa: 16,05 A, podendo adoptarse de común acordo entre empresario e traballador a fórmula de gastos para xustificar.

Artigo 19º.-Prima de casado.

A todo traballador que tendo como mínimo un ano de antigüidade na empresa contraia matrimonio, aboaráselle unha gratificación ou prima por matrimonio de 90,15 A.

Artigo 20º.-Inclemencias do tempo.

Acordada a suspensión do traballo por inclemencias do tempo ou forza maior, as empresas aboarán ata un máximo de dez días naturais non consecutivos durante o ano, a razón do 50% do salario especificado na primeira columna do anexo II, correspondente ás horas non traballadas e sen obriga de recuperar por este concepto.

Cando a suspensión se faga necesaria unha vez que os traballadores iniciasen o desprazamento cara

ós centros de traballo, as empresas aboarán ata un máximo de tres días naturais non consecutivos durante o ano a razón do 100% do salario especificado na 1ª columna do anexo II, máis o complemento de asistencia.

No primeiro caso, a suspensión comunicarase mediante escrito dirixido ós representantes dos traballadores, que se colocará nos taboleiros de anuncios.

Capítulo IV

Garantías sindicais

Artigo 21º.-Delegado sindical.

Recoñécese de acordo co artigo 10 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, a figura do delegado sindical naquelas empresas que teñan un cadro de persoal superior a 250 traballadores, sempre que as centrais sindicais ás que pertenza acrediten nelas un nivel de afiliación superior ó 15%.

O delegado sindical, que será elixido na forma que prevén a citada lei haberá de ser necesariamente traballador en activo da súa respectiva empresa.

Artigo 22º.-Funcións do delegado sindical.

O delegado sindical, no suposto de que non forme parte do comité de empresa, terá as mesmas garantías cás legalmente establecidas para os membros daquel, así como os seguintes dereitos:

1. Ter acceso á mesma información e documentación que a empresa poña á disposición do seu comité, estando obrigado a gardar sixilo profesional naquelas materias en que legalmente proceda ou sexa requirido xustificadamente.

2. Asistir ás reunións do comité de empresa e dos demais órganos internos en materia de seguridade e hixiene, con voz, pero sen voto.

3. Ser oído previamente pola empresa á adopción de medidas de carácter colectivo que afecten os traballadores en xeral e os afiliados ó seu sindicato en particular e, especialmente, nos despedimentos e sancións por faltas graves que impoñan a estes últimos.

4. Á utilización dun local adecuado no que poida desenvolve-las súas actividades, naqueles centros de traballo con máis de 250 traballadores.

Artigo 23º.-Comités de empresas e delegados de persoal.

Competencias. O comité de empresa ou os delegados de persoal, se é o caso, terán as seguintes competencias:

1. Recibir información, que lles será facilitada trimestralmente, polo menos, sobre a evolución xeral do sector económico, sobre a situación da producción e as súas vendas, sobre os programas de producción

cando os haxa e sobre a probable evolución do emprego na empresa.

2. Coñece-lo balance, a conta de resultados, a memoria e, no caso de que a empresa revista a forma de sociedade por accións ou participacións, os demais documentos que se lles dean a coñecer ós socios, e nas mesmas condicións ca estes.

3. Emitir informe con carácter previo á execución por parte do empresario das decisións adoptadas por este sobre as seguintes cuestións:

a) Reestructuracións de cadro de persoal e cesamentos totais ou parciais, definitivos ou temporais daquela.

b) Reduccións de xornada, así como traslado total ou parcial das instalacións.

c) Plans de formación profesional da empresa.

d) Implantación ou revisión de sistemas de organización e control do traballo.

e) Estudio de tempos, establecementos de sistemas de primas ou incentivos e valoración de postos de traballo.

4. Emitir informe cando a fusión, absorción ou modificación do status xurídico da empresa supoña calquera incidencia que afecte o volume de emprego.

5. Coñece-los modelos de contrato de traballo escrito que utilicen na empresa, así como os documentos relativos á terminación da relación laboral.

6. Ser informado de tódalas sancións impostas por faltas moi graves.

7. Coñecer trimestralmente, polo menos, as estatísticas sobre absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e enfermidades profesionais e as súas consecuencias, os índices de sinistralidade, os estudios periódicos ou especiais de ambiente laboral e os mecanismos de prevención que se utilizan.

8. Exercer un labor:

a) De vixilancia no cumprimento das normas vixentes en materia laboral, de Seguridade Social e emprego, así como o resto dos pactos, condicións e usos de empresa en vigor, formulando, se é o caso, as accións legais oportunas ante o empresario e ante os organismos ou tribunais competentes.

b) De vixilancia e control das condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo na empresa, coas particularidades previstas nesta orde polo artigo 19 do Estatuto dos traballadores.

9. Participar, como se determine por convenio colectivo, na xestión das obras sociais establecidas pola empresa en beneficio dos traballadores ou dos seus familiares.

10. Colaborar coa dirección da empresa para consegui-lo establecemento de cantas medidas procuren o mantemento e o incremento da productividade, de acordo co pactado nos convenios colectivos.

11. Informa-los seus representantes en tódolos temas e cuestións sinalados no número 1º anterior, en canto directa ou indirectamente teñan ou poidan ter repercusión nas relacións laborais.

Os informes que deba emiti-lo comité a teor das súas competencias, deberán elaborarse no prazo de 15 días.

Artigo 24º.-Garantías dos membros dos comités de empresas e dos delegados de persoal.

Os membros dos comités de empresa e os delegados de persoal, como representantes legais dos traballadores terán as seguintes garantías:

a) Apertura de expediente contradictorio no suposto de sancións por faltas graves ou moi graves, no que serán oídos, á parte do interesado, o comité de empresa ou os restantes delegados de persoal.

b) Prioridade de permanencia na empresa ou centro de traballo respecto dos demais traballadores, nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.

c) Non ser despedido nin sancionado durante o exercicio das súas funcións, nin dentro do ano seguinte á expiración do seu mandato, salvo no caso de que esta se produza por revogación ou demisión, sempre que o despedimento ou sanción se basee na acción do traballador no exercicio da súa representación; sen prexuízo, por tanto, do establecido no artigo 54 do Estatuto dos traballadores. Así mesmo, non poderá ser discriminado na súa promoción económica ou profesional, en razón, precisamente, do desempeño da súa representación.

d) Expresar, colexiadamente se se trata do comité, con liberdade as súas opinións nas materias concernentes á esfera da súa representación, podendo publicar e distribuír sen perturba-lo normal desenvolvemento do traballo, as publicacións de interese laboral ou social, comunicándollo á empresa.

e) Dispor do crédito de horas mensuais retribuídas cada un dos membros do comité de empresa ou delegados de persoal en cada centro de traballo, para o exercicio das súas funcións de representación, de acordo coa escala que establece o artigo 68 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 25º.-Outros dereitos sindicais.

Os traballadores con cargo de representación sindical á que se refiren os artigos precedentes, poderán acumula-lo seu crédito persoal de horas retribuídas por períodos trimestrais; ben entendido que transcorrido cada trimestre, quedará automaticamente cancelado o saldo que puidesen ter ó seu favor.

Excedencia. Poderá solicita-la situación de excedencia aquel traballador en activo que desempeñase cargo sindical de relevancia provincial, autonómica ou nacional. Permanecerá en tal situación mentres se encontre no exercicio do dito cargo, reincorporándose á súa empresa ó concluír este nos termos que para o efecto sinala o artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

Capítulo V

Seguridade e hixiene no traballo

Artigo 26º.-Seguridade e hixiene.

Tódalas empresas afectadas polo convenio cumprirán a normativa legal de seguridade e hixiene contida na ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo do 9 de marzo de 1971, na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais e nas demais disposicións que lle sexan de aplicación, atendendo especialmente a prevención de riscos.

As empresas que teñan xornada partida habilitarán, nos seus centros de traballo, dependencias adecuadas para que os traballadores poidan preparar e consumi-lo seu xantar.

Artigo 27º.-Indemnización por grande invalidez e/ou incapacidade absoluta; incapacidade permanente total; morte en accidente de traballo.

As empresas concertarán no prazo de dous meses, desde a sinatura deste convenio, ou manterán en vigor debidamente revisadas as correspondentes pólizas para asegura-los riscos de incapacidade absoluta ou morte de cada un dos seus traballadores, no suposto de accidente de traballo, entendendo este de acordo coa lexislación laboral, como o acontecido con ocasión ou por consecuencia do traballo que se realiza por conta allea (e incluído o denominado accidente in itinere nas empresas afectadas por este), que permitan a aquelas ou ós seus descendentes causa-lo dereito ás seguintes indemnizacións:

Grande invalidez e/ou incapacidade absoluta: 31.551 A.

Incapacidade permanente total: 25.541 A.

Morte: 28.546 A.

Esta compensación é compatible coa pensión ou indemnización que poida causa-lo traballador na Seguridade Social ou Montepío. Non obstante, o anterior, as indemnizacións pagadas con cargo a esta póliza de seguro de accidente, non terán a consideración de pagamentos á conta das que poidan fixar no seu día os tribunais ou xulgados por sentencia firme, e que sexan por conta das empresas.

Artigo 28º.-Revisión médica.

Tódolos traballadores, con independencia da súa categoría profesional, serán sometidos a recoñecementos médicos de periodicidade anual, en todo caso, o traballador terá coñecemento do resultado, mediante entrega dun exemplar deste.

As empresas e as centrais sindicais asinantes do convenio, instarán as autoridades sanitarias da Comunidade Autónoma, para a creación da infraestructura necesaria para a realización gratuíta de tales recoñecementos que, non obstante, seguirán realizando entre tanto as mutuas de accidentes de cada empresa. Todo isto, sen menoscabo dos dereitos que, en cada momento, asistan legalmente o traballador.

Artigo 29º.-Indemnización en caso de accidente ou hospitalización.

Tódolos traballadores afectados por este convenio, en caso de accidente laboral ou hospitalización percibirán durante o período de incapacidade temporal ou de ingreso no hospital, con cargo ás empresas, a diferencia entre a cantidade fixada pola Seguridade Social e o importe do salario que viñesen percibindo nunha mensualidade normal, de tal forma que nos ditos períodos perciban o 100% dunha mensualidade normal. No suposto de baixa por enfermidade e a partir do día 28 a empresa aboará a diferencia entre o percibido polo traballador e o 100% da base reguladora mentres persista a incapacidade temporal.

Estas indemnizacións quedan supeditadas á vixencia da relación laboral entre os traballadores e a empresa.

Capítulo VI

Formación profesional

Artigo 30º.-Formación profesional.

Os traballadores afectados por este convenio, teñen o dereito a unha adecuada formación profesional, que se oriente prioritariamente a:

a) Facilita-la inserción na vida profesional.

b) Conservar e perfecciona-los coñecementos, para facilita-la promoción interna e favorece-la mellora da productividade na empresa e no conxunto do sector.

c) Promociona-la creación de novos empregos e a súa adaptación á innovación tecnolóxica.

Para tal fin, as empresas e centrais sindicais asinantes do convenio propiciarán o establecemento de programas de formación co Inem, recoñecendo axudas mediante concertos con empresas ou institucións especializadas para a consecución dos obxectivos sinalados.

As condicións de asistencia a cursos ou a calquera outra modalidade de formación, cando impliquen perda de horas de traballo, deberán establecerse de común acordo entre a empresa e os representantes dos traballadores.

As empresas continuarán as tarefas de formación interna do seu persoal, na forma en que o veñen facendo ata a data, e procurando facilita-la promoción dos traballadores.

Capítulo VII

Contratación

Artigo 31º

En canto á contratación aplicarase o disposto no capítulo II, artigos 7 a 12, ambos inclusive, do acordo marco do sector da lousa.

Capítulo VIII

Disposicións adicionais

Única.-Desvinculación da totalidade.

Aplicarase o disposto na disposición derradeira primeira do acordo marco do sector da lousa.

Capítulo IX

Disposicións derradeiras

Primeira.-Indivisibilidade.

O articulado deste convenio e os seus anexos, forman un todo único e indivisible, e non poderá aplicarse parcialmente.

Segunda.-Sistema de clasificación profesional.

Aplicarase o disposto nos artigos 19 ó 22, ambos inclusive, do acordo marco do sector da lousa. Dado que os grupos 4º e 5º son específicos deste sector, asígnanselle-las categorías que constan no anexo I deste convenio establecéndose conforme o artigo 22.5º, parágrafo segundo, do Estatuto dos traballadores, a equivalencia entre elas e a polivalencia funcional ou a realización de funcións entre as distintas categorías, dentro do grupo ó que pertencen.

Terceira.-Mobilidade funcional e xeográfica.

Aplicarase o disposto nos artigos 41 e 42 do acordo marco do sector da lousa.

Cuarta.-Faltas e sancións.

Aplicarase o disposto no capítulo VIII, artigos 43 a 50, ambos inclusive, do acordo marco do sector da lousa.

Quinta.-Compensación e absorción.

Os traballadores que, con anterioridade á sinatura deste convenio, viñesen desfrutando de mellores condicións cás aquí pactadas, conservaranas na súa totalidade e, en consecuencia, serán absorbidas por el, se as condicións deste, consideradas globalmente e en cómputo anual, superan as anteriormente citadas.

Sexta.-Cando exista un medio de transporte habitual ó centro de traballo, non se lle poderá impedi-la súa utilización en forma discriminatoria a ningún traballador.

Sétima.-Comisión paritaria.

As partes negociadoras, acordan establecer unha comisión paritaria, integrada por cinco representantes dos traballadores e outros tantos da parte empresarial, como órgano de interpretación, conciliación e vixilancia do cumprimento deste convenio.

E en proba de conformidade con todo o seu contido, asínano en unión dos seus anexos, en Sobradelo de Valdeorras o trinta de abril de dous mil tres.

ANEXO I

Táboa de categorías

Grupos 4º e 5º.

-Chófer: oficial de 1ª.

-Conductor de pa: oficial de 1ª.

-Barrenista/artilleiro: oficial de 2ª.

-Operador de guindastre: oficial de 2ª.

-Serrador: oficial de 2ª.

-Labrador:

Ata 1 ano: peón especialista.

De 1 a 2 anos: oficial de 3ª.

Desde 2 anos: oficial de 2ª.

-Cortador:

Ata 6 meses: peón ordinario.

De 6 meses en diante: peón especialista.

-Embalador:

Ata 6 meses: peón ordinario.

De 6 meses en diante: peón especialista.

-Descargador de carros:

Ata 6 meses: peón ordinario.

De 6 meses en diante: peón especialista.

-Rachador:

Ata 6 meses: peón ordinario.

De 6 meses en diante: peón especialista.

Notas:

1. Os períodos que se recollen nos traballos de labrador, cortador, embalador, descargador de carros e rachador enténdense de antigüidade no desempeño do oficio.

2. As empresas, sen prexuízo da súa capacidade organizativa dos traballos, procurarán forma-los seus labradores de entre aqueles que veñan desempeñando o seu traballo como cortadores, neste caso, estes incorporaranse a aquel como oficiais de terceira.

ANEXO II

Táboa salarial do convenio colectivo da lousa

do ano 2003

Grupo profesionalSalario

base/día

Comp. asis.

d/t

Salario/mes G.C.

G 1.Licenciados23,9714,421.021,921
Enx. superiores23,9714,421.021,921
Enx. técnicos23,9014,121.013,522
Graduados sociais23,9014,121.013,522
Topógrafo23,9014,121.013,522
Dtres. áreas e serv.23,8113,671.001,373
Delineante23,7713,42994,923
Práctico topógrafo23,4812,03957,034
Axte. delineante23,4812,03957,034

G 2.Tec. administración23,7713,42994,925
Oficial adtvo. 1ª23,6612,98982,385
Oficial adtvo. 2ª23,4812,03957,035
Auxiliar adtvo.23,3411,30937,507

G 3.Encargados23,4812,03957,033
Mecánicos23,3411,30937,508
Electricistas23,3411,30937,508
Soldadores23,3411,30937,508
Fontaneiros23,3411,30937,508
Albaneis23,3411,30937,508
Auxi. oficios22,708,10851,1010

G 4.Encargados23,4812,03957,033
Chófer23,3411,3937,58
Conductor de pá23,3411,3937,58
Barrenista/art.23,1910,57917,678
Auxi. oficios22,708,10851,1010

G 5.Encargados23,4812,03957,033
Operador de guindastre23,1910,57917,678
Serrador23,1910,57917,678

Grupo profesionalSalario

base/día

Comp. asis.

d/t

Salario/mes G.C.

Labrador23,1910,57917,678
Rachador22,878,92873,429
Cortador22,878,92873,429
Embalador22,878,92873,429
Desc. carros22,878,92873,429
Auxi. oficios22,708,10851,1010

Antigüiedade:

Bienio: 17,26.

Quinquenio: 26,25.

Notas:

Os salarios establecidos no grupo 5º para rachador, cortador, embalador e descargador de carros aplicaranse a aqueles traballadores que leven seis meses no desempeño do oficio, ata tal data o seu salario será o establecido para o auxiliar de oficios. Así mesmo, o salario establecido para o labrador aplicaráselles a aqueles traballadores que leven máis de dous anos no desempeño do oficio, xa que ata un ano o seu salario será o establecido para un cortador e de un a dous anos o seu salario será o seguinte: salario base: 23,02 A, complemento de asistencia: 9,72 A, e salario/mes: 894,72 A.

O establecido neste punto sobre salarios leva consigo a aplicación dos respectivos grupos de cotización á Seguridade Social, en función deste.

Os traballadores menores de 17 anos e os de 17 anos terán, respectivamente, os salarios seguintes: salario base: 21,47 e 21,66 A, complemento de asistencia: 1,87 e 2,84 A, salario/mes: 683,37 e 709,44 A.

Outras contías incluídas no convenio.

Axudas de custo:

Media: 8,70.

Completa: 16,05.

Prima casado: 90,15.

Indemnizacións:

G. inval ou inc. absol.: 31.551.

Inc. perm. total: 25.541.

Morte: 28.546.