Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 30 de xuño de 2003 Páx. 8.656

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contrato de servicios.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto do contrato: alugueiro de vehículos para persoal da Deputación Provincial.

3. Orzamento (IVE incluído): 146.000,00 euros.

4. Duración do contrato: un (1) ano.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación.

6. Información: Servicio de Plans e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

7. Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

8. Presentación de ofertas: oito (8) días naturais, desde o seguinte ó da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

9. Lugar de presentación: rexistro xeral da Deputación Provincial de Lugo.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

11. O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP número 136 (16-6-2003).

Lugo, 16 de xuño de 2003.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo