Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 30 de xuño de 2003 Páx. 8.654

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2003, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a contratación, polo Servicio Galego de Saúde, de subministración de combustible de calefacción, gasóleo C, para centros sanitarios dependentes do Servicio Galego de Saúde (S/186-2003).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número do expediente: S/186-2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de combustible para calefacción, gasóleo C, para centros sanitarios dependentes do Servicio Galego de Saúde.

b) Número de unidades que hai que entregar: ver anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de entrega: ver anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Plazo de entrega: ver anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: sete millóns seiscentos oitenta mil oitocentos euros (7.680.800 A).

5. Garantía provisional: equivalente ó 2% do importe de licitación: 153.676 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servicio Galego de Saúde.

b) Domicilio: edf. adtvo. San Lázaro, s/n 2ª plta.

c) Localidade e código postal: 15871 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 36 18.

e) Telefax: 981 54 27 62.

f) Data límite de obtención de documentos e información: 8 de xullo de 2003.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 de xullo de 2003.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicio Galego de Saúde (ver punto 6).

d) Prazo no que o licitador estará obligado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses contando desde a data da presentación de ofertas.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas: ás 9.00 horas A.M. na sala 2.1 do edificio administrativo de San Lázaro (ver punto 6) 28 de xullo de 2003.

10. Outras informaciones.

11. Gastos de anuncios: por conta dos adxudicatarios. O importe estimado máximo destos gastos ascende a seis mil cen euros (6.100,00 euros).

12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 9 de xuño de 2003.

13. Página web onde obter información relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.sergas.es

Santiago de Compostela, 5 xuño de 2003.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos