Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 30 de xuño de 2003 Páx. 8.636

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 19 de maio de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 10167).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: reforma L.A.T. 66 kV central do Tambre a subestación A Grela.

Situación: Negreira-Brión-Noia.

Características técnicas: reforma da liña de alta tensión a 66 kV central do Tambre a subestación A Grela coa instalación de novos apoios metálicos entre os apoios 332 e 410.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

A Coruña, 19 de maio de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 10167Provincia: A Coruña

Reforma L.A.T. 66 kV Tambre-A GrelaTermo municipal: Negreira

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezoNºmmlm

1GoenteMonte altoRepte.: Justina Romariz García

Hrdos. Germán Rial Suárez

Goente, 18

15610 Negreira, A Coruña

350 A4

2GoenteLabradíoRpte.: Fernando Mallo Ferreiro

Hrdos. Manuel Mallo

San Lourenzo, 24, 3º

15705 Santiago de Compostela

348 A4