1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Participación Cidadá. Nº de expediente: 208/321.
2. Obxecto do contrato: descrición: servicios de atención ó público e conserxería dos centros cívicos do concello de Vigo.
Lugar de execución: Vigo.
Prazo: 1 ano.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento: 60.000 euros/ano.
5. Garantía provisional: non se esixe.
6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax 986 22 62 06.
Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.
Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: artigos 16 e 19 do R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño.
8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no DOG e BOP.
Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións administrativas.
Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.
Prazo da obriga de mante-la oferta: tres meses contados desde o día da apertura de proposicións.
Variantes: non se admiten.
9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.
Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de ofertas.
10. Outras informacións:
11. Gastos de anuncios: pagaraos o adxudicatario.
12. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org
Vigo, 17 de xuño de 2003.
Ventura Pérez Mariño
Alcalde