Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 27 de xuño de 2003 Páx. 8.572

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO de licitación.

Entidade adxudicadora: Concello de Redondela.

Obxecto do contrato: realización do servicio de limpeza en edificios de propiedade municipal.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Duración do contrato: un ano, prorrogable por períodos anuais ata un máximo de tres.

Orzamento de licitación máximo: 357.530 euros.

Garantía provisional: 2% do tipo de licitación.

Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

Gastos de publicidade: os gastos que orixine a publicación e tramitación deste concurso serán por conta do adxudicatario; importe máximo 1.500 euros.

Obtención da documentación e información:

Concello de Redondela. Secretaría.

Alfonso XII, 2. 36800-Redondela.

Requisitos: poderán presentar proposicións as persoas naturais ou xurídicas, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten ter obtida a correspondente clasificación.

Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría c.

Presentación de ofertas:

Documentación: a sinalada no artigo 9 do prego de cláusulas administrativas.

Lugar: rexistro xeral do concello, das 9.00 ás 14.00 horas.

Prazo: 8 días naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia. Se o útlimo día do prazo cadrase en día inhábil, entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

Apertura de ofertas:

Casa do concello.

12.30 horas do día hábil siguiente, non sábado, ó de remate do prazo de presentación de ofertas; acto que se aprazará, en caso necesario, de xurdir incidencias na clasificación de documentos.

Redondela, 29 de maio de 2003.

Xaime Rei Barreiro

Alcalde