No uso da competencia sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, atribuída na disposición adicional décimo oitava do Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social (BOE do 29 de xuño) e no artigo 21 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo (BOE do 21 de marzo), a falta dos datos necesarios para proceder á tramitación dos expedientes que a continuación se relacionan, ó ter sido devoltas polo servicio de correos as peticións de documentación enviadas no seu día e, en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), requírense os abaixo citados para que no prazo de 10 días, contados desde o seguinte á data de publicación deste edicto, comparezan, persoalmente ou debidamente representados, na Delegación Provincial de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Coruña
(Concepción Arenal, 7-9) para ter coñecemento do trámite ou documentación que teñen que achegar ó expediente. De non comparecer no prazo indicado, ou se dentro dos 15 días seguintes ó da comparecencia non presentasen a documentación requirida, en virtude do establecido nos artigos 71 e 76 da Lei 30/1992, consideraranse por desistidos da correspondente solicitude de pensión non contributiva e procederase ó arquivo do expediente.
A Coruña, 28 de maio de 2003.
Elisa Madarro González
Delegada provincial da Coruña
ANEXO
Solicitante DNI Nº expte. Concello
Ares Faraldo, Avelino 45848195 1463/X/02 Santiago de C.
Charlón Lago, Manuel José 32832249 184/I/03 A Coruña
Domínguez Teodosio, David 32796460 354/X/03 A Coruña
Haddaoui, Khadija X1924401Z 212/I/03 Santiago de C.
Iglesias Fuentes, Manuel 76356679 448/I/03 Carballo
Lema Moreira, Carmen 32753924 356/X/03 A Coruña
Moreno López, María Lourdes 32617228 226/I/03 Ferrol
Rega Blanco, Carmen 32273055 472/X/03 A Coruña
Varela Ferreiro, Consuelo 52430956 346/X/03 Santa Comba