Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 27 de xuño de 2003 Páx. 8.569

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

EDICTO do 28 de maio de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se lles require documentación ós beneficiarios de pensións non contributivas da Seguridade Social, relacionados no anexo.

No uso da competencia sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, atribuída na disposición adicional décimo oitava do Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social (BOE do 29 de xuño) e no artigo 21 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo (BOE do 21 de marzo), a falta dos datos necesarios para proceder á tramitación na fase de revisión dos expedientes que a continuación se relacionan, ó teren sido devoltas polo servicio de correos as peticións de documentación enviadas no seu día e, en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), requírense os abaixo citados para que no prazo de dez días, contados desde o seguinte á data de publicación deste edicto, comparezan, persoalmente ou debidamente representados, na Delegación Provincial de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións

Laborais da Coruña (Concepción Arenal, 7-9) para ter coñecemento do trámite ou documentación que teñen que achegar ó expediente. De non comparecer no prazo indicado ou se dentro dos 15 días seguintes ó da comparecencia non achegasen a documentación requirida, en virtude do disposto no artigo 16.2º do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo (BOE do 21 de marzo) procederase a suspender cautelarmente o pagamento da pensión.

A Coruña, 28 de maio de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

PensionistaDNINº expte.Concello

Martínez Castiñeiras, Luis Ramón324011701886/I/03A Coruña

Garabal Blanco, María Flora331776121270/I/00Santiago de C.

Eijo Pascual, Jaime Manuel330491582254/X/93A Coruña