Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 27 de xuño de 2003 Páx. 8.567

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 22 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador de incendios OU 529/2002 IN e dous máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a resolución do expediente sancionador correspondente, por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 24 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2002, ó

non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Non obstante, de acordo cos artigos 107, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da presente publicación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectiva empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó que a presente resolución adquira firmeza -a firmeza producirase ó non interpoñer recurso no prazo indicado-. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu

cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Prazos establecidos no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación:

-As sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

-As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presentase, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 22 de maio de 2003.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

Nº/Ano

Denunciado DNIÚltimo enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto infrinxido

e sancionador

Sanción euros

OU 529/2002 INPedro Varela Seijo

DNI: 34576235

Remedios, nº 28-1º

32002 Ourense

Abandono de vehículo

M-5582-BU

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e Industrias Forestais300,51 euros

OU 545/2002 INHermanos Varela

CIF: A-32014318

Remedios nº 28

32002 Ourense

Abandono de vehículo

OR-3176-K

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e Industrias Forestais300,51 euros

OU 536/2002 INFernando Luis Ferreira dos Santos

DNI: OR 007143

Toén

32930 Toén

Abandono de vehículo

OR-28113

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e Industrias Forestais300,51 euros