Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 27 de xuño de 2003 Páx. 8.553

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/199-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. avda. Sabarís-Baiona.

Situación: concello de Baiona.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, con conductor tipo R.H.V. de 350 m de lonxitude, con orixe no C.T. existente Xeneral Franco 28, alimentando en bucle ó C.T. proxectado e remate na liña GON 8.03, a altura do C.T. Xeneral Franco 28. C.T. subterráneo, de 630 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V, situado na avda. de Sabarís, no concello de Baiona.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 13 de maio de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra