Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 27 de xuño de 2003 Páx. 8.551

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando no nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 6 de marzo de 2003, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Asistencia técnica para realiza-los labores de control e vixilancia e o de coordinador de seguridade e saúde da obra: corredor do Morrazo, treito I.

Adxudicatario: G.O.C., S.A.

Orzamento: 644.960,53 euros.

-Asistencia técnica para realiza-los labores de control e vixilancia e o de coordinador de seguridade e saúde da obra: corredor do Morrazo, treito II.

Adxudicatario: Eptisa.

Orzamento: 627.304,00 euros.

-Asistencia técnica para realiza-los labores de control e vixilancia e o de coordinador de seguridade e saúde da obra: vía rápida de conexión de Ares e Mugardos coa RIXE.

Adxudicatario: Proyfe, S.L.

Orzamento: 271.918,72 euros.

-Asistencia técnica para a realización de expropiacións da obra de acondicionamento da estrada C-531 Xinzo-Vilagarcía de Arousa. Treito: Vilavidal-Cortegada.

Adxudicatario: Topografía y Servicios, S.L.

Orzamento: 122.919,10 euros.

En cumprimento do previsto no artigo 60 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de

novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2003.

P.D. (Orde 6-3-2003, DOG do 12 de marzo)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda