Por Orde do 20 de xaneiro de 2003 (DOG do 6 de febreiro) convocábase concurso de méritos para cubrir postos de asesores/asesoras especialistas no Servicio de Formación do Profesorado. Unha vez cumpridos os requisitos legais e transcorridos os prazos establecidos pola resolución provisional para reclamacións, e de acordo coa proposta efectuada pola comisión de selección prevista no número 1º do artigo 6 da citada orde, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
DISPÓN:
Primeiro.-Nomear, en réxime de comisión de servicios, para cubri-las prazas indicadas, os funcionarios e funcionarias docentes que se relacionan no anexo I desta orde.
Segundo.-Esta comisión de servicios será polo período que se especifica no artigo 11, número 2º, da orde de convocatoria.
Terceiro.-Os funcionarios e funcionarias docentes seleccionados pola presente orde quedarán adscritos ós postos adxudicados a partir do 1 de setembro de 2003.
Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de resposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2003.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria
ANEXO I
Postos de asesores/asesoras especialistas
no Servicio de Formación do Profesorado
Concursante seleccionado/aAsesoría adxudicada
Mª Cristina Novoa FernándezBibliotecas
Lila Beatriz Mosquera PérezMatemáticas
Concepción García SánchezOrientación