Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 26 de xuño de 2003 Páx. 8.488

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XERMADE

ANUNCIO.

O Pleno deste Concello, en sesión extraordinaria celebrada o día 29 de abril último, acordou aprobar definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Xermade.

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, en relación co establecido na disposición transitoria terceira da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, con respecto ós plans en tramitación.

As normas e ordenanzas do dito plan xeral foron publicadas integramente no BOP de Lugo nº 120, con data 28 do mes corrente.

Xermade, 28 de maio de 2003.

Manuel González Fernández

Alcalde