Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 26 de xuño de 2003 Páx. 8.485

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 10 de xuño de 2003, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para a determinación de aliñacións na parcela do polígono industrial Espíritu Santo, dedicada ó equipamento social-comercial, situada en Cecebre, presentado por Proin Espíritu Santo, S.L. e redactado polo arquitecto Javier Fernández Ares.

O que se fai público para xeral coñecemento. O expediente sométese a información pública polo prazo de vinte días mediante anuncio no diario oficial e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Durante o citado prazo poderanse formula-las alegacións que se consideren pertinentes. O expediente poderá ser consultado nas oficinas da Área de Urbanismo e Réxime Interior deste concello.

Cambre, 16 de xuño de 2003.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde